Publicador de contidos
Publicador de contidos

María Pérez completa cun ouro o recital da marcha española

María Pérez completa cun ouro o recital da marcha española

A pontevedresa Antía Chamosa acabou no 29º posto na súa estrea nun Mundial de atletismo

G24.gal 20/08/2023 08:53 Última actualización 28/08/2023 18:45

Dúas probas de marcha e dous ouros para a delegación española. María Pérez impúxose nos 20 quilómetros marcha nunha carreira sensacional na que sempre foi en cabeza e deu o golpe definitivo a cinco quilómetros do final. É a segunda medalla de ouro para a delegación española en dous días de competición igualando o mellor resultado histórico. Tamén é o segundo ouro dunha atleta española logo do logrado por Niurka Montalvo nos mundiais do 1999. 

A pontevedresa Antía Chamosa estivo un pouco por debaixo do que ela mesma agardaba. Na súa estrea nun Mundial de atletismo acabou no 29º posto, cunha marca de 1h34:20, a máis de sete minutos da gañadora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos