Adrián Ben: "Coloqueime ben, sen despistarme"
Adrián Ben: "Coloqueime ben, sen despistarme"
O galego gañou a súa carreira cun crono de 1:45.37 para alcanzar as semifinais dos 800 metros do Mundial
O galego Adrián Ben, que gañou a súa carreira cun crono de 1:45.37 para alcanzar as semifinais dos 800 metros do Mundial de atletismo de Budapest, asegurou tras a carreira que puido colocarse ben para poder seguir adiante e evitar descoidos.
"Tentei pasar por dentro pero evidentemente había moita xente. Coloqueime ben e díxenme: tranquilo, imos aquí, non te frees, ao teu, non estás aquí para facerte o parvo", explicou á prensa o vixente campión de Europa de pista cuberta.
Ben destacou que esperaba unha carreira máis tranquila e engadiu: "Como te despistes vas para casa".
"Aquí podes ser campión ou irte á casa na primeira rolda", proseguiu, prometendo que tentará recuperarse "os máis posible" para as semifinais.