Volve o Naseiro, cinco días de convivencia, veciñanza e festa ás beiras do Landro, en Viveiro
Volve o Naseiro, cinco días de convivencia, veciñanza e festa ás beiras do Landro, en Viveiro
A festa de Interese Turístico Nacional naceu durante a Segunda República e celebra tamén o Bo Xantar
Como durante un tempo non había certeza de que este ano se fose celebrar o Naseiro, parece que nesta edición a festa colleuse con máis ganas.
Declarada no 1967 como Festa de Interese Turístico Nacional, o Naseiro é unha festa que naceu durante a Segunda República e na que se celebra o Bo Xantar. Aquí enxálzase a comida, a amizade, a convivencia.
Durante cinco días as beiras do río Landro acollen auténticas vivendas provisionais, con todo tipo de mobiliario, situadas en pequenas parcelas que permiten a convivencia dos participantes, xa que se crea un pequeno poboado que se desmonta así que pase a romaxe.
A festa continúa tarde e noite con grupos de música e concertos.