Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marta Lois deixa a primeira liña política e volve á docencia na Universidade

Marta Lois deixa a primeira liña política e volve á docencia na Universidade

A candidata dixo que "continuará ligada" á plataforma que lidera Yolanda Díaz

Sumar Galicia reuníase este xoves para analizar os resultados electorais

G24.gal 22/02/2024 20:27 Última actualización 22/02/2024 20:44

A candidata de Sumar Galicia nas pasadas eleccións galegas Marta Lois anunciou que se reincorporará ao seu posto como docente na Universidade de Santiago de Compostela, pero continuará ligada a Sumar nun papel que decidirá "no futuro".

Así o avanzou en declaracións aos medios este xoves en Santiago antes da primeira reunión da promotora de Sumar Galicia tras o revés electoral do pasado domingo, en que a candidatura encabezada pola exportavoz de Sumar no Congreso quedou fóra do Parlamento galego ao obter menos do 2 % dos votos emitidos.

Acompañada polo portavoz do partido de Yolanda Díaz en Galicia Paulo Carlos López, Lois sinalou que a decisión de regresar á súa actividade profesional como profesora na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago non supón a súa desvinculación do proxecto de que foi portavoz e deputada nas Cortes, cargos aos que renunciou para ser cabeza de lista o pasado 18 de febreiro.

"Vou seguir estando no proxecto colectivo de Sumar Galicia remando colectivamente, e, a partir de aí, iremos vendo, despois destas datas, cal vai ser o meu rol e cal será o meu papel no futuro", asegurou Marta Lois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade