Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE amplía a vantaxe sobre o PP a 6,5 puntos, segundo o CIS

O PSOE amplía a vantaxe sobre o PP a 6,5 puntos, segundo o CIS

Os dous partidos maioritarios perden apoios respecto ao mes anterior: un 32,6 % para o PSOE e un 26,1 % para o PP

Vox alcanza o seu mellor resultado neste estudo de opinión: un 15,2 %

O CIS dálle ao BNG unha intención de voto do 0,8 %

Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo na Moncloa (EFE/Sergio Pérez) Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo na Moncloa (EFE/Sergio Pérez)
G24.gal 15/04/2025 12:37

O PSOE mantense na cabeza en estimación de voto e amplía a súa distancia sobre o PP ata 6,5 puntos, segundo o barómetro de abril do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que mostra que cae o apoio a ambos os partidos mentres se dispara o apoio a Vox.

A enquisa, cunha mostra de 4.009 entrevistas e realizada do 1 ao 8 de abril, outorga unha estimación de voto do 32,6 % ao PSOE (1,9 puntos menos que en marzo); e do de 26,1 % ao PP (3,1 puntos menos).

Aínda que a enquisa se fixo en plena guerra comercial polos aranceis de Donald Trump, quen se dispara é Vox, que alcanza o 15,2 %, o seu récord nas enquisas do CIS. O mes anterior, cando o presidente estadounidense empezaba a anunciar as súas primeiras medidas, os de Abascal marcaran o seu mínimo histórico.

En cuarto lugar repite Sumar, cun 6,2% o seu peor dato desde as xerais de 2023, e axéxao Podemos, cun 4%. Pola súa banda, o partido do eurodeputado Luis 'Alvise' Pérez repite no 1,9 %.

No caso dos partidos nacionalistas, o CIS dá unha intención de voto do 0,8 % ao BNG, un 1,9 % a ERC, un 1,7 % a Junts, un 1,1 % a EH Bildu e un 0,7 % ao PNV.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade