Publicador de contidos

Contido coa etiqueta enquisas .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta enquisas .

Enquisas

Sánchez e Feijóo durante un encontro na Moncloa (EFE/Sergio Pérez)

O PSOE supera o PP por case 5 puntos no primeiro CIS tras a DINA

18/11/2024 12:44

A enquisa mantén en 11,8 % a estimación de voto de Vox e sitúa a Sumar no 7 %

Todos os líderes políticos manteñen os seus suspensos e Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo, baixan do 4


Valentín García: "A chegada de migrantes modificou a última enquisa sobre o galego"

12/10/2024 16:28

Segundo o secretario xeral de Política Lingüística, en cinco anos chegaron a Galicia 115.000 persoas que só usan o castelán

Asegura que o reto é converter o galego nunha lingua máis atractiva para a poboación que vén de fóra e para a mocidade urbana


Só o CIS dá o PSOE por vencedor nos comicios europeos

03/06/2024 08:40

ABC, El País e a Cadena Ser prognostican o avance dos populares 

Segundo El Periódico, PP e PSOE quedarían en "empate técnico"

As enquisas dan por desaparecido a Ciudadanos do Europarlamento


O PSC gañaría as eleccións catalás a máis de 10 escanos de distancia de JxCat e ERC, segundo o CIS

25/04/2024 12:38

O PP quedaría en cuarta posición con 13-14 deputados, seguido de Vox (8-9), Comuns Sumar (7-8) e CUP (5-7), mentres que Aliança Catalá podería irromper no Parlament (0-2)


O candidato do PNV celebra a vitoria. EFE/Luis Tejido

O PNV gaña pola mínima a Bildu, co que empata en escanos, e poderá reeditar coalición co PSE

21/04/2024 19:55

PNV e Bildu empatan a 27 deputados, aínda que os nacionalistas conservadores gañan en votos

Socialistas e populares avanzan a 12 e 7 deputados respectivamente

Sumar e Vox conseguen cadanseu representante, e Elkarrekin Podemos ningún


Damos un notable de media ao noso nivel de felicidade

12/04/2024 21:33

Segundo unha enquisa do CIS, a poboación puntúa cun 7,69 a súa satisfacción vital

Categorías:  Galicia   Sociedade
Etiquetas:  ENQUISAS

Cabezas de lista de diferentes provincias de EAJ-PNV, PP, PSE-EE, EH Bildu, Elkarrekin Podemos, Sumar Mugimendua e Vox participaron este martes no primeiro debate en televisión da campaña das eleccións vascas, organizado por RTVE País Vasco (EFE /Javier Zorrilla).

EH Bildu gañaría as eleccións vascas e podería sacar dous puntos ao PNV, segundo o CIS

10/04/2024 13:39

A estimación realizouse sobre 4.025 entrevistas levadas a cabo entre o 4 e o 8 de abril


O PP adianta 2,7 puntos o PSOE en plena explosión do caso Koldo, segundo o CIS

13/03/2024 12:42

No barómetro de marzo, os populares soben 0,8 puntos e o apoio aos socialistas cae 1,7 puntos

O apoio electoral de Vox medra 2 puntos e o de Sumar baixa 1

Alberto Núñez Feijóo consegue situarse como o mellor valorado polos cidadáns, aínda que sen chegar ao aprobado, a líder de Sumar, Yolanda Díaz, que era a primeira baixa ao segundo lugar e o presidente Pedro Sánchez cae á terceira posición 

Os principais problemas para os cidadáns son a crise económica, o paro, o "mal comportamento dos políticos", "o Goberno e os partidos" e a "calidade" do emprego

 


As sondaxes apuntan a un empate entre conservadores e socialistas en Portugal

03/03/2024 17:53

As sondaxes divulgadas pola prensa lusa unha semana antes dos comicios danlle unha lixeira maioría á dereita


GAD3 pecha hoxe a enquisa do 18F para a CRTVG tras facer 3.500 entrevistas

17/02/2024 10:47

Entrevistou por teléfono 350 persoas cada día dende o inicio da campaña 

A marxe de erro coa que traballa a consultora é dun 2 %


O CIS outorga un empate técnico ao PP e PSOE se se celebrasen eleccións xerais

12/02/2024 14:17

O PP obtería o 33,2 % e o PSOE o 33 %, segundo a estimación de voto do CIS no seu barómetro de febreiro, que tamén augura a consolidación de Sumar como terceira forza cun 10,2 %

Vox mantense en cuarto lugar, co 7,9 % e Podemos levaría o 2,9 %

ERC chega ao 2,1 % de voto estimado e Junts cae ata o 1 % de apoios

O BNG obtén o 0,7 %


As enquisas prognostican a vitoria do PP o 18F, pero non todas lle garanten a maioría absoluta

12/02/2024 09:12

Segundo Sondaxe e NC Report, o PP conservaría a maioría absoluta

Segundo o CIS e Sociométrica, os de Alfonso Rueda poderían perder a maioría absoluta nas estimacións máis baixas para os populares


Candidatos no debate electoral da CRTVG

As enquisas apuntan a que Alfonso Rueda pode revalidar a maioría absoluta, nun escenario aínda aberto

11/02/2024 11:08

Todos os barómetros debuxan un escenario máis ou menos semellante

Algúns estudos demoscópicos abren a porta a que Sumar e Democracia Ourensana entren no Parlamento

Categorías:  Galicia   Política

O PP mantén a maioría, o BNG suma apoios e o PSdeG baixa, segundo as sondaxes

04/02/2024 10:04

As enquisas publicadas este domingo tamén abren a porta á entrada no Parlamento de Sumar e Democracia Ourensana


O PP mantería a maioría absoluta en Galicia, segundo a enquisa de GAD3

29/01/2024 08:48

Os populares obterían máis dos 47 % dos votos: entre 39 e 40 escanos

O PSdeG-PSOE conseguiría o 16,5 % dos sufraxios e lograría 12 ou 13 representantes

A formación política que sairía reforzada claramente sería o BNG, segundo GAD3 tería a confianza do 29,6 % dos electores e alcanzaría os 23 representantes


Maioría absoluta para o PP, resistencia dun BNG á baixa e suba do PSdeG

28/01/2024 11:18

Dúas sondaxes publicadas este domingo tamén contemplan a posibilidade de que Sumar irrompa no Parlamento galego


O PPdeG revalidaría a maioría absoluta, o BNG manteríase e o PSdeG subiría

27/01/2024 19:32

A enquisa publicada polo Grupo El Progreso tamén abre a porta á entrada de Democracia Ourensana e de Sumar


Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo na Moncloa. Arquivo (EFE/Sergio Pérez)

O PSOE adianta o PP e gañaría as eleccións con 1,9 puntos de vantaxe, segundo o CIS

17/01/2024 13:18

Os socialistas recuperan a primeira praza tras as sondaxes de decembro e novembro que liderou o PP


Unha enquisa de 'El Mundo' dálle ao PPdeG a maioría absoluta nas eleccións galegas

15/01/2024 09:59

O BNG manteríase como segunda forza e o PSdeG melloraría os resultados de hai catro anos

Sumar obtería representación parlamentaria, algo que non lograrían nin Podemos nin Vox

Categorías:  Galicia   Política

O PP renovaría a súa maioría absoluta en Galicia, segundo unha enquisa de 40dB

08/01/2024 09:30

Os populares repetirían o resultado de 42 deputados, mentres que o BNG e o PSOE volverían sacar os mesmos escanos que en 2020

Categorías:  Galicia   Política

O PPdeG vese reforzado polas enquisas; BNG e PSdeG notan tendencia ao cambio

29/10/2023 16:55

Maioría absoluta ao PPdeG, con dous deputados menos que en 2020

O BNG mantense como segunda forza, cos mesmos escanos

O PSdeG sobe un, e entraría Sumar cun deputado


O CIS dá gañador ao PSOE a 1,4 puntos do PP e máis peso ao bloque de esquerdas

13/07/2023 13:10

A sondaxe realizouse antes do arranque da campaña electoral e, por tanto, do "cara a cara" do pasado luns


As enquisas danlle a vitoria ao PP nas eleccións, pero deixan aberta a gobernabilidade

10/07/2023 09:28

PP e PSOE terán que contar Vox ou Sumar respectivamente como aliados para poder gobernar

Categorías:  España   Política

Rueda afianzaría a maioría absoluta na Xunta e Feijoo sumaría nas xerais en Galicia 3 escanos máis que o resto, segundo Sondaxe

24/06/2023 08:35

Os populares conseguirían 41 deputados nas autonómicas e 13 dos 23 que ten Galicia nas xerais

O BNG melloraría resultados como segunda forza nas galegas pero sería a cuarta nas xerais

O PSdeG  terían o peor resultado da súa historia nas galegas e podería perder 4 dos 10 deputados que tiña nas xerais

Sumar sería a terceira forza nas xerais con 2 escanos na Coruña e Pontevedra


Enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia

Unha enquisa de Sondaxe dálle unha vantaxe de seis puntos ao PP sobre o PSOE

18/06/2023 13:36

Feijóo superaría o 32 % dos votos, mentres que Sánchez lograría o 26 %

Sumar, conforme o estudo para La Voz de Galicia, só mellora en cinco décimas o resultado de Unidas Podemos en 2019

Outra enquisa de Sociométrica para El Español prognostica unha vitoria de Feijóo que precisaría dun pacto con Vox para chegar á Moncloa

Categorías:  España   Política

O PSOE medra a custa de Sumar, segundo unha enquisa de "El Mundo"

11/06/2023 14:57

Os socialistas aumentan os resultados en catro escanos desde hai unha semana e o PP sobe un

Categorías:  España   Política

A división de Sumar e Podemos daríalle o Goberno ao PP con Vox

05/06/2023 07:54

Segundo a enquisa de El País, se Sumar e Podemos acudisen en solitario, o PP, con 132 escanos, e Vox, con 45, poderían sumar ata 177 escanos, un máis que os necesarios para a maioría absoluta

La Razon di que o Partido Popular obtería entre 145 e 147, pero podería conseguir a maioría para gobernar se sumase os 39 a 41 parlamentarios que a enquisa dá a Vox

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  ENQUISAS

A abstención e a participación, claves da enquisa de GAD3 para a CRTVG na xornada electoral

27/05/2023 08:44

A directora de comunicación de GAD3 di que  a maior participación, maior fiabilidade das enquisas

María Martín explica que fan arredor de 900 entrevistas en cada unha da sete cidades galegas

Esta tarde remata a recollida de datos para a enquisa que se ofrecerá mañá tras o peche dos colexios


O PP pode recuperar Cantabria, Estremadura e A Rioxa, segundo unha enquisa do ABC

14/05/2023 13:44

En Madrid mantense a incerteza sobre a posible maioría absoluta de Díaz Ayuso


A esquerda perdería catorce escanos se Podemos e Sumar van por separado ás xerais

03/05/2023 08:10

Segundo o barómetro de 40deB que publica El País, o PP sería primeira forza con 124 deputados


O PP medra nas cidades galegas mentres o PSOE e o BNG se estancan nas enquisas

30/04/2023 08:23

Unha sondaxe que publica La Voz de Galicia apunta a dúas maiorías absolutas: a de Caballero en Vigo e a de Rey Varela en Ferrol

Outros dous paneis demoscópicos en La Región e El Ideal Gallego sitúan o PP como forza máis votada en Ourense e A Coruña

Ciudadanos desaparece das corporacións urbanas e Vox segue sen conseguir representación nas cidades galegas


Enquisas atribúen ao PP primeiro posto, cun abano de 122 a 144 escanos

10/04/2023 08:47

O PSOE, no segundo lugar, con distintos resultados,  para uns sobe e para outros baixa; lograría 109 escanos no mellor dos casos, ou entre 89 e 91 deputados


O CIS dispara o PSOE, que aumenta a súa vantaxe sobre o PP aos 2,3 puntos

17/02/2023 12:54

O barómetro de febreiro do Centro de Investigacións Sociolóxicas reflicte un descenso de Unidas Podemos do que se benefician os socialistas


A carreira electoral apértase en tres cidades galegas a cen días dos comicios locais

12/02/2023 09:55

Segundo a enquisa de Sondaxe, seis das sete urbes manterían as alcaldías

A mostraxe só lle dá maioría absoluta a Abel Caballero e a José Manuel Rey


Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo na Moncloa. Imaxe de arquivo EFE / Sergio Pérez

O CIS prevé unha forte caída do PSOE, que só avantaxa o PP en dous puntos

21/12/2022 12:47

A enquisa foi elaborada entre o 1 e o 14 de decembro, en pleno debate pola supresión do delito de sedición e a rebaixa da malversación e antes da polémica pola resolución do TC

O PP sobe un punto e medio e queda no 28,6 por cento dos sufraxios

O PSOE perde 2,1 puntos nun mes ata o 30,6 por cento en estimación de voto

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  PP   PSOE   ENQUISAS   CIS

Caballero en Vigo e Varela en Ferrol, únicas maiorías absolutas segundo unha enquisa da Voz

18/12/2022 11:55

A sondaxe realizada a cinco meses das municipais estima que o PSdeG podería manter Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago, o BNG continuar en Pontevedra e o PP recuperar Ferrol

Catro das grandes cidades a "expensas duns poucos votos", conforme o estudo electoral

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   ENQUISAS

O PSOE disputaríalle ao PP o primeiro posto se houbese eleccións xerais, segundo unha enquisa

05/12/2022 08:43

Podería manter a maioría no Congreso coas alianzas actuais fronte a unha dereita que non suma


O PP segue destacado en dúas enquisas, pero o PSOE recorta diferenzas

04/12/2022 13:16

O Partido Popular conseguiría entre 126 e 130 escanos, mentres que o PSOE lograría entre 101 e 106 deputados


PP e Vox lograrían a maioría absoluta nas xerais, segundo GAD3

28/11/2022 13:23

O PSOE frearía a súa caída, segundo esta enquisa publicada no ABC, pero perdería once escanos

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  ENQUISAS

O PP gañaría as municipais con claridade, conforme unha enquisa que publica ABC

27/11/2022 13:46

Os populares lograrían cinco puntos de vantaxe sobre o PSOE, cunha suba de dez puntos

Beneficiaríanse da crise política de Ciudadanos para substituír o PSOE na primeira posición nas eleccións de maio

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   ENQUISAS
Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 62 resultados.