Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE disputaríalle ao PP o primeiro posto se houbese eleccións xerais, segundo unha enquisa

O PSOE disputaríalle ao PP o primeiro posto se houbese eleccións xerais, segundo unha enquisa

Podería manter a maioría no Congreso coas alianzas actuais fronte a unha dereita que non suma

G24.gal 05/12/2022 08:43

Enquisa electoral de 40dB publicada hoxe. O PSOE estaría en condicións de disputarlle ao PP o primeiro posto se houbera agora eleccións xerais

Podería manter a maioría no Congreso coas alianzas actuais fronte a unha dereita que non suma.
Os populares seguirían en primeira posición, pero retroceden case dous puntos respecto ao barómetro anterior, con 120 escanos.

O PSOE quedaría con 112. E con case un 28 % dos apoios, está a medio punto de repetir o resultado das últimas eleccións.

Vox sería a terceira forza, con 41 escanos. E Unidas Podemos queda con 30, cinco menos que agora. A enquisa tamén inclúe o BNG, no apartado de "outros". Gañaría un deputado e quedaría con 2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade