Cargando resultados...
A esquerda perdería catorce escanos se Podemos e Sumar van por separado ás xerais
A esquerda perdería catorce escanos se Podemos e Sumar van por separado ás xerais
Segundo o barómetro de 40deB que publica El País, o PP sería primeira forza con 124 deputados
G24.gal
03/05/2023 08:10
O bloque da esquerda perdería ata catorce escanos se Podemos e Sumar concorren por separado ás eleccións xerais, segundo o barómetro de 40deB que publica este mércores El País.
O PP sería primeira forza e amplía a vantaxe sobre o PSOE con 124 deputados fronte aos 100 dos socialistas. Vox suma dous escanos respecto á enquisa anterior. Obtería 46. Sumar 27 e Unidas Podemos 11. Iso no caso de que vaian separadas.
Se a plataforma de Yolanda Díaz e o partido de Ione Belarra van finalmente unidos lograrían 55 deputados. O barómetro tamén recolle que o BNG obtería dous deputados.