Só o CIS dá o PSOE por vencedor nos comicios europeos
Só o CIS dá o PSOE por vencedor nos comicios europeos
ABC, El País e a Cadena Ser prognostican o avance dos populares
Segundo El Periódico, PP e PSOE quedarían en "empate técnico"
As enquisas dan por desaparecido a Ciudadanos do Europarlamento
A última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) previa ás eleccións europeas segue dando gañador ao PSOE con ata o 33,2 % dos votos fronte ao 30,5 % do PP, que queda a 2,7 puntos, ao recortar case a metade da vantaxe que lle levaba hai dúas semanas.
A sondaxe do CIS, que nesta ocasión non adxudica escanos, impulsa a Vox como terceira forza con ata o 11 % dos votos (9 décimas máis que na anterior mostraxe do 23 de maio) e reduce lixeiramente as expectativas de Sumar, que quedaría cun máximo do 7,1 %.
Más importante sería a baixada de Podemos, que pasaría do 5,4 % do voto estimado ao 3,9 %, e a de Cs, en caída libre ao descender ao 1,2 %, superados ambos os dous pola agrupación de electores encabezada por Luis Pérez Fernández, coñecido como Alvise, que pasa do 3,8 % a un 5,7 %.
A enquisa, única das publicadas nas últimas semanas que concede a vitoria ao PSOE fronte o PP, elaborouse a partir de 7.491 entrevistas telefónicas entre o 23 e o 30 de maio pasados.
Segundo a sondaxe de ABC, o PP gaña as eleccións e duplica a súa actual representación
O Partido Popular será o vencedor das eleccións europeas do próximo domingo, segundo unha enquisa de GAD3 para ABC elaborada entre o luns e xoves da semana pasada, cando se aprobou definitivamente a lei de amnistía.
Este barómetro calcula que o PP duplicará a súa actual representación no Parlamento Europeo, pasando de 12 escanos a 23 ou 24. O PSOE, pola súa banda, manterase en 20.
Segundo esta sondaxe, o PP rozará o 35 % dos votos, con máis de cinco puntos de vantaxe sobre un PSOE que baixa do 30 %. Os populares crecen case 15 puntos desde o 20 % de hai cinco anos.
Vox, en terceiro lugar, tamén duplicará a súa representación ao pasar de tres a seis eurodeputados. A candidatura que lidera Jorge Buxadé lograría unha subida de tres puntos e medio para alzarse co 9,7 % dos votos, tres décimas máis que Sumar e Podemos xuntos, que obterán un 5,9 % fronte ao 3,5 %.
A enquisa de El País e a Cadena Ser tamén prognostica o avance do Partido Popular
O PP, cun 33,2 % de estimación de voto gañaría en España os comicios ao Parlamento Europeo con 23 eurodeputados, 10 máis dos que ten agora e tres por diante do PSOE, segundo unha sondaxe de 40db para El País e a Cadena Ser.
Os socialistas mantéñense na mesma porcentaxe (30,1 %) e 20 escanos, o cal supón un menos dos que ocupan actualmente en Estrasburgo.
A enquisa realizouse na semana en que España recoñeceu o Estado palestino, o Congreso aprobou definitivamente a lei de amnistía e aumentou a ofensiva da dereita para acusar de suposta corrupción o Goberno.
Vox continúa como terceira forza e baixa en case dous puntos porcentuais e un escano, o que levaría Se Acabó la Fiesta, a nova marca política encabezada por Luis Pérez, coñecido como Alvise.
Sumar, cun 5,6 % en estimación de voto e tres escanos, quedaría por diante de Podemos, que acusa a escisión e pasaría do 10,1 % das papeletas que sacou Unidas Podemos en 2019 ao 4 % e terminaría con dous eurodeputados.
Junts (2,1 %) mantense practicamente igual que na sondaxe anterior, cun escano, é dicir, dous menos dos que ocupa actualmente no Europarlamento. Agora Repúblicas (4,8 %), que aglutina a ERC, BNG, EH Bildu e Ara Mès, conserva tres postos en Estrasburgo.
Ciudadanos, que nas eleccións de 2019 foi a terceira forza, desaparece cun 1 % e Coalición por unha Europa Solidaria (CEUS), que aglutina o PNV, Coalición Canaria e o Pi-Proposta per lles Illes Balears, baixa lixeiramente, pero mantén unha acta.
O PSOE recorta distancia, según El Periódico
O PSOE recorta distancias respecto ao PP en intención de voto ás eleccións europeas do próximo domingo e sitúase actualmente a só medio punto dos populares, co que ambos os dous lograrían entre 21 e 22 escanos no Parlamento europeo, segundo unha sondaxe de GESOP para El Periódico.
A enquisa augura que o PP obtería nestes momentos o 32 % dos votos mentres o PSOE lograría o 31,5 %, unha situación de "empate técnico" que deixa no aire o gañador dos comicios, que podería resolverse na recta final da campaña.
En terceira posición quedaría Vox, cun 8,1 % dos sufraxios e entre 5 e 6 escanos, seguido por Sumar, cun 5,8 % dos votos e 3 ou 4 deputados, e a colación Agora Repúblicas (ERC, EH Bildu e BNG), que cun 5 % tería tres representantes na Eurocámara.
Finalmente lograrían tamén escanos Podemos, cun 4,4 % e 2 ou 3 deputados; a formación Se Acabó la Fiesta, cun 3,7 % e entre 1 e 2 representantes; Junts, cun 2 % e un único deputado, e Coalición por unha Europa Solidaria (CEUS), que aglutina o PNV, Coalición Canaria e o Pi-Proposta per lles Illes Balears, cun 1,8 % e tamén un só deputado.
Pola súa banda, Ciudadanos, que no ano 2019 quedou en terceiro lugar co 12,1 % dos votos, non chegaría nesta ocasión ao 1 % e quedaría sen representación no Parlamento europeo.