Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ultradereita pode gañar as eleccións rexionais en Alemaña

A ultradereita pode gañar as eleccións rexionais en Alemaña

Os comicios celébranse nos estados de Turinxia e Saxonia

Os colexios electorais en Turinxia e Saxonia estarán abertos ata as seis da tarde
G24.gal 01/09/2024 13:21

Europa permanece atenta ao que pase nas eleccións rexionais que se desenvolven este domingo en Turinxia e Saxonia, dous estados do leste de Alemaña nos que a ultradereita pode ser a forza máis votada.

Por primeira vez desde os tempos nazis, un partido coma Alternativa por Alemaña, abertamente xenófobo, euroescéptico e prorruso pode converterse na primeira forza política nun dos dezaseis estados federados alemáns. 

Alternativa por Alemaña gañará en Turinxia, pero terá difícil gobernar

As enquisas din que a Alternativa ultradereitista gañará claramente en Turinxia, aínda que o resto das forzas democráticas poderían pactar para impedir que gobernen. A situación é algo mellor no estado de Saxonia, onde a conservadora Unión Cristiá Demócrata disputará o primeiro posto coa ultradereita. 

Os colexios electorais estarán abertos en Turinxia e Saxonia ata as seis desta tarde

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade