Publicador de contidos
Publicador de contidos

A borrasca Boris deixa polo menos 18 mortos e milleiros de evacuados en Europa

As choivas torrenciais deixan miles de evacuados, centos de miles de persoas sen electricidade e cuantiosos danos materiais en Europa Central e Oriental

Antón Montero 16/09/2024 19:33 Última actualización 16/09/2024 19:53

As choivas torrenciais da borrasca Boris deixaron polo menos 18 mortos, oito desaparecidos, miles de evacuados, centos de miles de persoas sen electricidade e cuantiosos danos materiais nas históricas inundacións de Europa Central e Oriental.

Romanía é o país con máis falecidos, sete, mentres que en República Checa contabilízanse todos os desparecidos, oito.

Romanía

No condado oriental de Galati, a rexión máis afectada de Romanía, as intensas choivas causaron cuantiosos danos e deixaron sen electricidade a 25.000 persoas. Unhas 5.000 vivendas foron danadas. As autoridades confirmaron a morte de sete persoas nesa rexión nos últimos dous días e os evacuados cóntanse por centos.

As autoridades nacionais e locais despregaron un amplo dispositivo para rescatar e atender ás persoas atrapadas, e instalaron campamentos e vivendas modulares para os afectados.

O presidente, o liberal Klaus Iohannis, mostrou solidariedade cos afectados e sinalou que esta tormenta é un novo exemplo dos efectos do cambio climático.

Polonia

En Polonia, o temporal cobrouse a vida de catro persoas e o Goberno de Donald Tusk xa preparou fondos de emerxencia e solicitado axuda europea. O Executivo polaco tamén declarou zona catastrófica varios distritos das rexións sureñas máis afectadas.

Ademais, están a mobilizarse forzas adicionais para combater as inundacións, mentres que unhas 1.600 persoas xa foron evacuadas.
Cando aínda persisten as fortes choivas en moitos puntos da metade sur de Polonia, a atención dos servizos de emerxencia diríxese agora á contención dos ríos desbordados, e en especial o encoro de Pilchowice (sur), que comezou a desbordarse e obrigou a evacuar a máis de 3.000 veciños.

Austria

En Austria o azoute do Boris causou crecidas nos ríos non vistas en décadas e obrigou a declarar a un dos nove estados federados, Baixa Austria, como zona catastrófica. Ata o momento confirmáronse catro falecidos, un bombeiro, dous anciáns que morreron afogados nos seus fogares e tamén se achou un corpo sen identificar nun lago.

As masas de auga destruíron 12 presas en Baixa Austria, mentres que 12.000 fogares están sen electricidade e en 23 localidades non hai auga potable.

Unhas 800 persoas foron rescatadas en helicópteros nas últimas horas en Baixa Austria, o estado federado máis grande e poboado da república alpina.
Más de 2.400 soldados participan nos labores de emerxencia, mentres que o transporte ferroviario e algunhas liñas de metro en Viena foron suspendidas.

O presidente, Alexander Van der Bellen, cancelou a súa viaxe á Asemblea Xeral de Nacións Unidas en Nova York debido ao desastre.

República Checa

A República Checa tamén sofre os estragos do temporal, especialmente no norte, onde máis de 50.000 fogares quedaron sen electricidade. As autoridades informaron de tres persoa afogadas e oito desaparecidas, mentres que a cifra de evacuados ascende a 12.000 en todo o país.

As persistentes choivas desde o xoves fixo que se desbordasen moitos ríos e arroios, e actualmente hai decenas de lugares que teñen declarado o terceiro grao (o máximo) de actividade de riadas, sobre todo na rexión nororiental de Moravia-Silesia.

A cidade de Litovel, que cruza o río Morava, atópase asolagada nun 80 por cento.
"Ao redor do 80 por cento da cidade está baixa a auga. Estamos illados do mundo, de momento aquí ninguén pode entrar nin saír, só os bombeiros, porque nalgún lugar a auga xa supera o metro de altura", declarou o alcalde da localidade, Viktor Kohout.

Más de 12.000 persoas foron evacuadas no país, onde hai centos de miles de fogares sen luz.

As crecidas dos ríos Odra, Opava e Novohradka seguen sendo unha ameaza. O primeiro ministro, Petr Fiala, advertiu sobre o risco de contaminación da auga e pediu aos cidadáns tomar precaucións.

Hungría

En Hungría, as autoridades advirten de que o río Danubio podería alcanzar nas próximas horas niveles próximos aos récords históricos. O Exército despregou equipos especializados para reforzar a protección contra as inundacións, e o alcalde de Budapest asegurou que están preparados para enfrontar unha das crecidas máis graves en anos. 
O primeiro ministro de Hungría, o ultranacionalista Viktor Orbán, anunciou este luns que pospoñía todos os seus compromisos internacionais para facer fronte á situación.
Eslovaquia
Bratislava, a capital de Eslovaquia, declarou o estado de emerxencia.EFE
vie/gpv
(foto) (vídeo)

As choivas torrenciais da borrasca "Boris" deixaron polo menos 17 mortos, oito desaparecidos, miles de evacuados, centos de miles de persoas sen electricidade e cuantiosos danos materiais nas históricas inundacións de Europa Central e Oriental.

Romanía é o país con máis falecidos, sete, mentres que en República Checa contabilízanse todos os desparecidos, oito.

Romanía

No condado oriental de Galati, a rexión máis afectada de Romanía, as intensas choivas causaron cuantiosos danos e deixaron sen electricidade a 25.000 persoas. Unhas 5.000 vivendas foron danadas. As autoridades confirmaron a morte de sete persoas nesa rexión nos últimos dous días e os evacuados cóntanse por centos.

As autoridades nacionais e locais despregaron un amplo dispositivo para rescatar e atender ás persoas atrapadas, e instalaron campamentos e vivendas modulares para os afectados.

O presidente, o liberal Klaus Iohannis, mostrou solidariedade cos afectados e sinalou que esta tormenta é un novo exemplo dos efectos do cambio climático.

"O cambio climático aumenta o risco asociado aos fenómenos ciclónicos e ás inundacións que provocan. Dada a crecente frecuencia destes fenómenos, é imperativo acelerar os proxectos de infraestrutura crítica destinados a reducir os riscos", asegurou.

Polonia

En Polonia, o temporal cobrouse a vida de catro persoas e o Goberno de Donald Tusk xa preparou fondos de emerxencia e solicitado axuda europea. O Executivo polaco tamén declarou zona catastrófica varios distritos das rexións sureñas máis afectadas: Baixa Silesia, Silesia e Opole. Ademais, están a mobilizarse forzas adicionais para combater as inundacións, mentres que unhas 1.600 persoas xa foron evacuadas.

Cando aínda persisten as fortes choivas en moitos puntos da metade sur de Polonia, a atención dos servizos de emerxencia diríxese agora á contención dos ríos desbordados, e en especial o encoro de Pilchowice (sur), que comezou a desbordarse e obrigou a evacuar a máis de 3.000 veciños.

Austria

En Austria o azoute do Boris causou crecidas nos ríos non vistas en décadas e obrigou a declarar a un dos nove estados federados, Baixa Austria, como zona catastrófica. Ata o momento confirmáronse tres falecidos, un bombeiro e dous anciáns que morreron afogados nos seus fogares, ambos en Baixa Austria.

As masas de auga destruíron 12 presas en Baixa Austria, mentres que 12.000 fogares están sen electricidade e en 23 localidades non hai auga potable.

Unhas 800 persoas foron rescatadas en helicópteros nas últimas horas en Baixa Austria, o estado federado máis grande e poboado da república alpina.

Más de 2.400 soldados participan nos labores de emerxencia, mentres que o transporte ferroviario e algunhas liñas de metro en Viena foron suspendidas. O presidente, Alexander Van der Bellen, cancelou a súa viaxe á Asemblea Xeral de Nacións Unidas en Nova York debido ao desastre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade