Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sospeitoso de tentar asasinar a Trump no campo de golf podería enfrontarse a 20 anos de cárcere

O sospeitoso de tentar asasinar a Trump no campo de golf podería enfrontarse a 20 anos de cárcere

Acúsano de delitos federais relacionados coa posesión de armas de fogo

 Ryan Routh estivo durante case doce horas á espreita para tentar asasinar ao expresidente de EEUU

Trump ataca a Biden e Harris: "A súa retórica está a provocar que me disparen"

Trump, "a salvo" tras un novo intento de asasinato no seu club de golf

Sospeitoso de intentar asasinar a Donald Trump / REUTERS Sospeitoso de intentar asasinar a Donald Trump / REUTERS
G24.gal 16/09/2024 18:09

O sospeitoso de tentar asasinar o expresidente Donald Trump (2017-2021) nun campo de golf no sur de Florida (EUA) foi acusado este luns de cargos federais relacionados con armas de fogo, polos que podería enfrontarse ata a 20 anos de cárcere.

Ryan Routh tivo este luns a súa primeira comparecencia nun tribunal federal de West Palm Beach, ao que acudiu esposado e cun uniforme de reo, tras ser arrestado o domingo como sospeitoso de tentar disparar cun rifle de asalto ao expresidente mentres este xogaba nun campo de golf da súa propiedade.

No transcurso dunha audiencia de pouco menos de dez minutos e encabezada polo maxistrado federal Ryon McCabe, os fiscais acusaron a Routh de dous cargos: posesión dunha arma de fogo sendo un delincuente convicto e posesión dunha arma de fogo cun número de serie borrado.

Momentos antes da comparecencia, as autoridades policiais deron a coñecer que o rifle AK-47 incautado no lugar dos feitos e coa que se cre que o sospeitoso pretendía disparar a Trump tiña o número de serie rascado.

No tribunal, Routh, de 58 anos, dixo que non ten aforros, que os únicos bens que posúe son dous camións que agora mesmo están en Hawai e que recibe uns 3.000 dólares mensuais de ingresos. Así mesmo, é pai dun fillo de 25 anos.

Doce horas agardando para disparar

De acordo coa acusación, o home estivera merodeando desde a 01:59 horas, hora local (05:59 GMT), é dicir durante case doce horas, nas inmediacións do campo de golf.

Fixouse para o próximo 23 de setembro a audiencia de fianza e para o 30 de setembro a de lectura de cargos, na que poderían engadirse novas acusacións conforme avanza a investigación, segundo se deu a coñecer hoxe.

O segundo intento de asasinato ao actual candidato republicano, a pouco máis de dous meses do que sufriu en Butler (Pensilvania), produciuse sobre as 13:30 horas local (17:30 GMT) do domingo e foi evitado despois de que axentes do Servizo Secreto divisasen un home cun rifle con mira telescópica detrás dun valo do campo de golf.

O Servizo Secreto disparoulle e o home saíu correndo de entre uns arbustos onde se estaba escondendo, pero foi detido uns minutos despois nunha estrada a bordo do seu vehículo. Nos arbustos atopouse a arma e tamén dúas mochilas e unha cámara deportiva GoPro.

Trump aproveita para atacar a Harris e Biden

Donald Trump aproveitou este incidente para cargar contra o mandatario actual, Joe Biden, e a candidata demócrata, Kamala Harris.

"El (Routh) creu na retórica de Biden e Harris, e actuou en consecuencia", denunciou esta mañá Trump durante unha entrevista que deu ao medio conservador Fox News Dixital, en alusión ao sospeitoso, de 58 anos.

"A súa retórica está a provocar que me disparen, cando son eu quen vai a salvar ao país, e eles son os que están a destruír o país, tanto desde dentro como desde fóra", agregou o expresidente, quen logo na rede social Truth amplificó esta mensaxe ao incluír a toda "a esquerda radical".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade