Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa son tres as persoas falecidas nos máis de trinta incendios que afectan a Portugal

Xa son tres as persoas falecidas nos máis de trinta incendios que afectan a Portugal

España, Francia, Italia e Grecia envían oito avións  para combater as lapas

3.000 efectivos combaten os 40 focos de lume que hai en todo o país

Un bus con galegos quedou atrapado catro horas entre as lapas

G24.gal 16/09/2024 15:49 Última actualización 17/09/2024 08:21

A Autoridade Portuguesa de Emerxencias e Proteción Civil ten confirmados ata 36 incendios activos, 5 deles de grandes dimensións, que xa provocaron tres mortos e case 20 feridos, ademais dos danos materiais e os evacuados. O lume avívase polas condicións do tempo: altas temperaturas e vento. E os servizos de extinción non son suficientes para chegar a todos os focos.

Dous civís morreron este luns nos incendios que asolan Portugal.

Estas vítimas súmanse ao bombeiro falecido de madrugada.

As tres vítimas mortais producíronse no distrito de Aveiro.

Un dos falecidos é un traballador forestal, brasileiro, de 28 anos, que fora con outro compañeiros a recuperar maquinaria na zona do incendio.

Outra das vítimas faleceu dun ataque cardíaco.

As lapas deixaron ademais unha vintena de persoas feridas e obrigaron a cortar sete estradas.

O bombeiro que morreu de madrugada pereceu mentres combatía o lume no municipio de Oliveira de Azeméis.

O axente entrou en parada cardiorrespiratoria durante un descanso do combate ás lapas. 

O incendio, que comezou na tarde do domingo e que se expandiu ata a veciña localidade de Albergaria-a-Velha, deixou outros catro feridos, tres deles graves.

Así mesmo, afectou a varias vivendas e locais comerciais.

"A situación está en desenvolvemento agora. Podemos saber dalgunhas (vivendas afectadas) pero non temos o total", engadiron fontes de Protección Civil, quen definiron o incendio como "bastante violento".

Debido á magnitude das lapas, a entidade de emerxencias solicitou a activación do Mecanismo Europeo de Protección Civil para recibir catro avións anfibios.

En total, hai máis de 500 axentes, máis de 150 vehículos e 5 medios aéreos no terreo.

O Goberno de Portugal declarou este domingo a situación de alerta polo elevado risco de incendio forestal en todo o territorio continental do país, un aviso que se estenderá ata o martes e que implicará medidas de prevención "excepcionais".

España, Francia, Italia e Grecia van enviar van enviar oito avións

O Goberno luso activou o Mecanismo Europeo de Protección Civil. España, Francia, Italia e Grecia van enviar oito avións anfibios cada un no marco do Mecanismo Europeo de Protección Civil para combater os incendios no país.

En todo o país hai máis de 30 focos. 3.000 efectivos loitan contra as lapas.

O Executivo luso declarou este domingo a situación de alerta polo elevado risco de incendio forestal en todo o territorio continental do país.

Un bus con galegos atrapado catro horas entre as lapas

Un autobús con galegos conseguiu escapar do incendio que asola a rexión de Aveiro.

Quedaran atrapados durante catro horas ata que coa axuda do GPS conseguiron coller un atallo por estradas secundarias ata que chegaron á autoestrada destino Galicia.

No autocar viaxan 15 persoas destino Vigo. Entre elas hai varios menores.


 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade