Publicador de contidos
Publicador de contidos

A oposición venezolana convoca unha nova manifestación para o día 28

A oposición venezolana convoca unha nova manifestación para o día 28

O Goberno de Maduro, apoiado polos militares e os xuíces, condena o que denomina inxerencias de España e dos EUA

Participantes na protesta do 28 de agosto en Caracas. REUTERS/Leonardo Fernández Viloria
G24.gal 14/09/2024 21:33 Última actualización 14/09/2024 22:33

A oposición venezolana convoca unha nova xornada de mobilización masiva o vindeiro día 28, sábado, dous meses despois das eleccións presidenciais que din que gañaron.

Mentres, o Goberno de Nicolás Maduro, apoiado polos militares e os xuíces, condena o que denominan inxerencias de España e os Estados Unidos.

O ministro de Asuntos Exteriores venezolano díxolle ao embaixador español en Caracas que non permitirán ningunha inxerencia en asuntos internos, referíndose ao acordo do Congreso instando a proclamar gañador o exiliado Edmundo González Urrutia, e ás palabras da ministra de Defensa española cualificando a Maduro de ditador.

Por outro lado, tanto o goberno coma os militares e os xuíces venezolanos condenaron as sancións adoptadas polos Estados Unidos contra dezaseis dirixentes bolivarianos. O propio Nicolás Maduro condecorou os catro mandos militares sancionados polas autoridades norteamericanas.

Dous meses despois das eleccións presidenciais, e arredor de catro meses antes de que remate o actual mandato de Nicolás Maduro, a oposición segue reivindicando a súa vitoria.

Co candidato González Urrutia exiliado en Madrid, a líder da opositora Plataforma Unitaria Democrática convoca unha manifestación en Caracas para o sábado, día 28.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade