Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP mantería a maioría absoluta en Galicia, segundo a enquisa de GAD3

O PP mantería a maioría absoluta en Galicia, segundo a enquisa de GAD3

Os populares obterían máis dos 47 % dos votos: entre 39 e 40 escanos

O PSdeG-PSOE conseguiría o 16,5 % dos sufraxios e lograría 12 ou 13 representantes

A formación política que sairía reforzada claramente sería o BNG, segundo GAD3 tería a confianza do 29,6 % dos electores e alcanzaría os 23 representantes

G24.gal 29/01/2024 08:48

O PP mantería a maioría absoluta en Galicia, segundo unha enquisa de GAD3 que publica hoxe ABC.

Os populares obterían máis dos 47 % dos votos: entre 39 e 40 escanos. Aínda que perden deputados respecto ao resultado actual, quedarían, como mínimo, un por riba da maioría absoluta.

Segundo GAD3, o PSdeG-PSOE conseguiría o 16,5 % dos sufraxios e lograría 12 ou 13 representantes nas eleccións do próximo 18 de febreiro.

A formación política que sairía reforzada claramente nos próximos comicios galegos sería o BNG, pois segundo GAD3 tería a confianza do 29,6 % dos electores e alcanzaría os 23 representantes fronte aos 19 que conseguiu en 2020 co 23,8 % dos votos.

Da enquisa tamén se desprende que non entrarían forzas novas no Parlamento galego. Non terían representación Sumar, Vox, Podemos nin Democracia Ourensana.

Por provincias

A Coruña aparece como a que máis apoios outorgaría a PP e a BNG, con 13 e 8 escanos respectivamente, onde, por contra, o PSdeG-PSOE só obtería 4. En Pontevedra o PP lograría entre 10 e 11 representantes por 7 do BNG e entre 4 e 5 o PSdeG-PSOE; mentres que en Lugo e Ourense obterían 8, 4 e 2, respectivamente.

Valoración dos líderes

O único que aproba é o líder popular, Alfonso Rueda, cun 5,3, seguido da candidata do BNG, Ana Pontón, cun 4,9; a continuación, o do PSdeG-PSOE José Ramón Gómez Besteiro, 4,5; Marta Lois (Sumar), 3,5; Isabel Faraldo (Podemos), con 2,6, do mesmo xeito que o cabeza de lista de Democracia Ourensá, Armando Follea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade