Publicador de contidos
Publicador de contidos

As enquisas danlle a vitoria ao PP nas eleccións, pero deixan aberta a gobernabilidade

As enquisas danlle a vitoria ao PP nas eleccións, pero deixan aberta a gobernabilidade

PP e PSOE terán que contar Vox ou Sumar respectivamente como aliados para poder gobernar

G24.gal 10/07/2023 09:28 Última actualización 10/07/2023 13:10

Todo o país, pendente do primeiro cara a cara televisado entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo para estas eleccións xerais do 23 de xullo.

Serán 100 minutos sobre catro bloques temáticos diferenciados: economía, politica social, pactos e gobernabilidade e políticas de Estado, institucionais e internacionais.

Nunha xornada en que se publican novas enquisas electorais en varios medios de comunicación, en ningunha lle dan maioría absoluta ao PP nin ao PSOE. Pero, en cambio, unhas dan o goberno en coalición a PP e Vox e outras a PSOE e Sumar co apoio doutros grupos rexionalistas e nacionalistas.

O seguimento diario de 40dB para El País non reflicte cambios na esquerda con respecto á
véspera: o PSOE mantense nos 113 escanos e Sumar segue nos 37, 150 entre os dous. O bloque da dereita segue sumando 169, a sete da maioría absoluta, pero co PP baixando a 127 tras perder un en favor de Vox, que obtén 42.

Segundo o xornal, confírmase que a vantaxe dos de Alberto Núñez Feijóo sobre os de Pedro Sánchez se foi acurtando nestas semanas, ata os 1,7 puntos actuais. O BNG continúa con un deputado.

Tras varios días á baixa, a sondaxe de GAD3 para ABC dálles 151 aos populares, un máis, xusto o contario que aos socialistas, que, logo de cinco xornadas á alza, caen un, ata os 114.

Os de Yolanda Díaz seguen en 26 e os de Santiago Abascal pasan a 30, un máis. PP e Vox xuntos chegan aos 181, cinco por riba da absoluta, e PSOE e Sumar 140. O BNG mantense nun.

A enquisa de NC Report para La Razón sitúa os de Alberto Núñez Feijóo con ata 149 escanos,
catro máis ca hai unha semana, a custa dos de Abascal, que non superan os 34. 183 entre os dous, no mellor escenario e igualmente por riba da maioría absoluta no peor. Tamén lles dá catro deputados máis aos de Pedro Sánchez, cun máximo de 105, neste caso a costa de Sumar, que non pasa de 31. Xuntos, no mellor dos casos, 136.

A sondaxe de Sigma Dos para El Mundo dálles 137, 106 ao PSOE, 31 aos de Yolanda Díaz. PP e Vox suman 181, 35 dos de Santiago Abascal e 146 dos populares, cos seus feudos autonómicos, Galicia, Andalucía e Madrid, encarreirando a vitoria de Feijóo. Así o sinala o diario.

Ata os 186 escanos poden chegar populares e Vox, con 147 do PP, segundo a enquisa de
Ipsos para La Vanguardia, que, no peor escenario, os deixa a seis da absoluta. Un máximo de 152 dálles a socialistas e Sumar, con ata 113 do PSOE. O BNG móvese entre 1 e 2.

Da sondaxe tamén se tira que un 60 % dos españois está preocupado ante unha posible coalición PP-VOX; o pacto PSOE-Sumar inquieta o 41%.

Segundo a última enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia, o PP gañaría as eleccións, con 129 deputados. Con Vox, a dereita alcanzaría 173 deputados, a tres da maioría absoluta.

Pedro Sánchez, cos 106 dos socialistas e os 37 de Sumar, necesitaría de todos os socios de investidura para poder seguir gobernando. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade