Cargando resultados...
O PP gañaría as municipais con claridade, conforme unha enquisa que publica ABC
O PP gañaría as municipais con claridade, conforme unha enquisa que publica ABC
Os populares lograrían cinco puntos de vantaxe sobre o PSOE, cunha suba de dez puntos
Beneficiaríanse da crise política de Ciudadanos para substituír o PSOE na primeira posición nas eleccións de maio
G24.gal
27/11/2022 13:46
Última actualización 27/11/2022 13:58
O Partido Popular perfílase como triunfador das eleccións municipais do mes de maio vindeiro no conxunto de España, segundo unha enquisa que publica hoxe o xornal ABC.
Destaca o rotativo madrileño en portada que o PP gañaría "por cinco puntos ao PSOE". En concreto, os populares obterían o 32,8 % dos votos e o os socialistas o 27,7 %, mentres que Vox e Unidas Podemos lograrían algo máis do 5 %.
O xornal salienta que o PP subiría dez puntos con respecto a 2019 debido, sobre todo, ao colapso de Ciudadanos.