Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha enquisa de Sondaxe dálle unha vantaxe de seis puntos ao PP sobre o PSOE

Unha enquisa de Sondaxe dálle unha vantaxe de seis puntos ao PP sobre o PSOE

Feijóo superaría o 32 % dos votos, mentres que Sánchez lograría o 26 %

Sumar, conforme o estudo para La Voz de Galicia, só mellora en cinco décimas o resultado de Unidas Podemos en 2019

Outra enquisa de Sociométrica para El Español prognostica unha vitoria de Feijóo que precisaría dun pacto con Vox para chegar á Moncloa

Enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia Enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia
G24.gal 18/06/2023 13:36

Quedan cinco semanas para a cita coas urnas e o panorama que debuxan as últimas enquisas publicadas apuntan a unha vitoria do Partido Popular neses comicios xerais.

A de Sondaxe que este domingo publica La Voz de Galicia cifra a vantaxe dos populares en seis puntos: Feijóo superaría o 32% dos apoios, mentres que Sánchez baixaría ata o 26%.

Vox e Sumar, segundo esta enquisa, colleitan un apoio do 13%.

Tamén publica unha enquisa de Sociométrica o xornal El Español. Debuxa tamén unha vitoria de Feijóo, que precisaría dun pacto con Vox para chegar á Moncloa.

Aos populares atribúelle 135 escanos, mentres que os socialistas non pasarían de 94, Vox sería a terceira forza con 46 deputados e Sumar quedaría con 34.

Os datos indican que o PP rendibiliza a súa vitoria nas eleccións municipais e autonómicas do 28 de maio.

Enquisa de Sociométrica para El Español Enquisa de Sociométrica para El Español
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade