EH Bildu gañaría as eleccións vascas e podería sacar dous puntos ao PNV, segundo o CIS
EH Bildu gañaría as eleccións vascas e podería sacar dous puntos ao PNV, segundo o CIS
A estimación realizouse sobre 4.025 entrevistas levadas a cabo entre o 4 e o 8 de abril
EH Bildu gañaría as eleccións ao Parlamento Vasco do próximo 21 de abril e podería sacarlle ata dous puntos porcentuais ao PNV, segundo a enquisa que fixo pública este mércores o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
Segundo este traballo realizado sobre 4.025 entrevistas levadas a cabo entre o 4 e o 8 de abril, a coalición abertzale sería a primeira forza a diferenza do que recollía a anterior sondaxe do CIS difundida o 1 deste mes. Neste caso non asigna escanos.
Nesta última enquisa EH Bildu lograría entre o 34,2 % e o 35,1 % dos votos; seguiríalle o PNV con entre o 32,6 e o 33,5 %; o PSE-EE lograría entre o 13,3 % e o 14,1 % dos apoios, e o PP entre o 6,7 % e o 7 %.
Ao límite do 3 % de votos, porcentaxe mínima para lograr representación pero en cada unha das circunscicións, non no conxunto do País Vasco, atoparíanse Sumar, con entre o 3,1 e o 3,6 % dos votos; Elkarrekin Podemos-AV/AV, con entre 3,1 e 3,2 % e Vox, con entre o 2,7 % e o 3 % dos votos válidos.