Detido un home tras matar unha muller nunha residencia de maiores de Vitoria
Detido un home tras matar unha muller nunha residencia de maiores de Vitoria
O presunto homicida, que foi detido, e a vítima son residentes no mesmo centro
O home fora condenado a 25 anos de cadea por asasinar a seu pai
Un home de 68 anos foi detido pola Ertzaintza tras presuntamente matar unha muller na residencia de maiores en Vitoria da que ambos os dous eran usuarios.
👮👮♂️ Gizon bat atxilotu dugu giza hilketa delitu batengatik, #VitoriaGasteiz-ko adinekoen egoitza batean beste pertsona bati eraso egiteagatik
— Ertzaintza (@ertzaintzaEJGV) November 28, 2024
➕ https://t.co/w8QtPRqNLc
👮👮♂️ Detenido por un delito de homicidio tras agredir a otra persona en una residencia de mayores en… pic.twitter.com/h8TSxbzZ1p
Segundo informou o Departamento vasco de Seguridade, a vítima foi evacuada a un hospital debido ás graves feridas provocadas na agresión, onde posteriormente faleceu.
Os feitos ocorreron pasadas as catro da madrugada, cando o persoal dunha residencia situada en Vitoria alertou a Ertzaintza de que un usuario do centro agredira outra residente causándolle feridas graves.
As patrullas que acudiron ao lugar comprobaron que a vítima presentaba lesións sanguentas na cara provocadas, ao parecer, cun obxecto punzante.
Persoal sanitario dunha ambulancia asistiu a muller e evacuárona ao hospital de Txagorritxu, onde morreu pouco despois.
Ao mesmo tempo, os axentes inspeccionaron as instalacións do centro de maiores e iniciaron un operativo de procura do homicida pola cidade ante a posibilidade de que fuxise do lugar aínda que finalmente foi localizado escondido nun baño dun vestiario da residencia.
O home foi detido como presunto autor dun delito de homicidio. Permanece arrestado en dependencias da Ertzaintza antes de pasar a disposición xudicial. Segundo transcendeu, o home foi condenado a 25 anos de cadea por asasinar a seu pai.
A Ertzaintza mantén aberta a investigación para o esclarecemento dos feitos.