Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os partidos políticos, os sindicatos e o Goberno, as institucións que espertan menos confianza na cidadanía

Os partidos políticos, os sindicatos e o Goberno, as institucións que espertan menos confianza na cidadanía

A Constitución é a mellor valorada e a única que aproba, aínda que deixa medio punto nun ano, e o e o Parlamento é a institución que máis crédito perdeu

TVG TVG
G24.gal 27/11/2024 11:59

Os partidos políticos, os sindicatos e o Goberno son, por esta orde, as organizacións e institucións que menos confianza espertan nos españois segundo a lista elaborada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) que reflicte, ademais, que o Parlamento é a institución que máis crédito perdeu no último ano.

Así se desprende da Enquisa sobre tendencias sociais dada a coñecer este mércores, que se basea en 3.801 entrevistas realizadas entre o 8 e o 14 de novembro, tras a DINA que arrasou Valencia e outras provincias e que causou máis de 220 mortos.

Non pregunta polo rei nin polas forzas armadas

Nesta enquisa anual, o CIS inclúe unha pregunta pedindo que se puntúe nove institucións elixidas polo instituto demoscópico e entre as que non están a monarquía, a Igrexa, as Forzas Armadas nin a Policía e a Garda Civil, polas que si se pedía opinión ata 2015.

Das que constan nesta relación só aproba a Constitución, que figura na cúspide da confianza, cun 6,07, perdendo medio punto desde hai un ano, a última vez que se interrogou sobre esta cuestión.

A segunda posición é para o Tribunal Constitucional, cun 4,81, seguido da Xustiza en xeral, cun 4,76 e as organizacións empresariais, que se anotan un 4,60, similar ao de outubro de 2023.

O Parlamento é a institución que máis cae

Os medios de comunicación figuran na metade de táboa cun 4,01 e perden só once décimas nun ano, mentres que a caída máis grande en confianza rexístraa o Parlamento que hai un ano lograba un 4,35 e agora só saca unha media de 3,64.

En todo caso, á cola repiten os partidos, os sindicatos e o Goberno e as tres xeran aínda máis desconfianza que hai doce meses. Os partidos acadan un 3,19 -0,63 puntos menos-, os sindicatos, 3,47 -perden 0,35 puntos- e a confianza que esperta o Goberno cae 0,4 puntos ao pasar do 3,99 ao 3,59. Son as súas notas máis baixas desde abril de 2015.

Ademais, as persoas entrevistadas recoñecen que a Internet e as redes sociais (29,6 %) son quen máis inflúen nas súas opinións políticas e no seu voto, aínda que xusto detrás empatan, cun 23,5 %, os candidatos e a televisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade