Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CIS prevé unha forte caída do PSOE, que só avantaxa o PP en dous puntos

O CIS prevé unha forte caída do PSOE, que só avantaxa o PP en dous puntos

A enquisa foi elaborada entre o 1 e o 14 de decembro, en pleno debate pola supresión do delito de sedición e a rebaixa da malversación e antes da polémica pola resolución do TC

O PP sobe un punto e medio e queda no 28,6 por cento dos sufraxios

O PSOE perde 2,1 puntos nun mes ata o 30,6 por cento en estimación de voto

Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo na Moncloa. Imaxe de arquivo EFE / Sergio Pérez Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo na Moncloa. Imaxe de arquivo EFE / Sergio Pérez
G24.gal 21/12/2022 12:47 Última actualización 21/12/2022 14:34

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) prevé unha forte caída do PSOE, que perde 2,1 puntos nun mes ata o 30,6 por cento en estimación de voto.  

O PP sobe un punto e medio e queda no 28,6 por cento dos sufraxios.

Segundo a enquisa do CIS, o PSOE ve reducida a súa vantaxe co PP, queda dous puntos por enriba.

Unidas Podemos subiría lixeiramente, cun 12,4 en estimación de voto 

Vox tamén sobe lixeiramente e quedaría no 10,2 por cento, unha décima máis ca na sondaxe de novembro.

Esta enquisa do CIS foi elaborada entre o 1 e o 14 de decembro, en pleno debate pola supresión do delito de sedición e a rebaixa da malversación, pero antes da polémica institucional pola resolución do Tribunal Constitucional.

Feijóo supera lixeiramente a Sánchez na puntuación dos cidadáns e a mellor valorada segue sendo Yolanda Díaz

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, logrou superar no último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) a Pedro Sánchez na puntuación dos cidadáns aos principais líderes políticos, aínda que por moi pouco, xa que o líder do PP logra 4,39 puntos e o presidente, 4,28.

A mellor considerada segue sendo a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que sen alcanzar o aprobado mantense en primeiro lugar cunha nota de 4,90, a mesma que obtivo no barómetro de novembro.

En segunda posición, Feijóo mellora o 4,25 da anterior mostraxe ata os 4,39 puntos, en tanto que Sánchez baixa lixeiramente de 4,42 a 4,28 puntos, o que o fai pasar ao terceiro posto.

As demais posicións repítense, co líder de máis País, Íñigo Errejón, cuarto con 4,14 puntos (antes 4,13), a presidenta de Cs, Inés Arrimadas, en quinto lugar con 3,48 puntos (3,45 en novembro) e o líder de Vox, Santiago Abascal, último con 2,9 de media (antes 2,8).

 

O Partido Popular supera o PSOE en catro puntos en intención de voto, segundo unha enquisa que publica hoxe o xornal '20minutos' 

O xornal '20minutos' publica tamén hoxe outra enquisa. Nela, os populares sacarían entre 128 e 133 escanos. Agora teñen 89.

O PSOE baixaría dos 120 escanos actuais a entre 103 e 107.

Vox seguiría en terceira posición, con arredor duns 50 deputados, máis ou menos como agora. E Unidas Podemos quedaría preto dos 20, uns quince menos que nas últimas eleccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade