O PP pode recuperar Cantabria, Estremadura e A Rioxa, segundo unha enquisa do ABC
O PP pode recuperar Cantabria, Estremadura e A Rioxa, segundo unha enquisa do ABC
En Madrid mantense a incerteza sobre a posible maioría absoluta de Díaz Ayuso
A enquisa do ABC apunta tendencias para as autonómicas en varias comunidades. O rotativo salienta na portada deste domingo que o PP "pode recuperar Cantabria, A Rioxa e Estremadura, ademais de manter Madrid e Murcia".
En Madrid, Isabel Díaz Ayuso sitúase na fronteira da maioría absoluta, que está nos 69 escanos. Esta sondaxe asígnalle entre 67 e 69 deputados.
En Cantabria, o PP destaca como a primeira forza fronte a Revilla. En Estremadura están practicamente empatados os bloques da dereita e a esquerda e en Murcia o Partido Popular reforzaríase á fronte da comunidade.
O socialista Barbón mantería o poder en Asturias, mentres na Rioxa os populares collen vantaxe para volver ao poder.