Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CIS dá gañador ao PSOE a 1,4 puntos do PP e máis peso ao bloque de esquerdas

O CIS dá gañador ao PSOE a 1,4 puntos do PP e máis peso ao bloque de esquerdas

A sondaxe realizouse antes do arranque da campaña electoral e, por tanto, do "cara a cara" do pasado luns

G24.gal 13/07/2023 13:10

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) dá gañador ao PSOE nas eleccións xerais, co 31 por cento dos votos, 1,4 puntos por encima do PP, nun barómetro realizado antes do inicio da campaña electoral, en que o bloque de esquerdas consegue máis porcentaxe que a dereita.

E é así porque Sumar queda co 15,5 por cento de voto estimado, que engadido ao dos socialistas permitiría á esquerda facerse co 46,5 por cento dos sufraxios, mentres que o PP, co 29,6 por cento, e Vox, que sobe ata o 11,7, quedarían no 41,3 por cento dos apoios.

A sondaxe de xullo non inclúe atribución de escanos como a macroenquisa electoral realizada polo CIS uns días antes, na que o PP figuraba como gañador por unha lixeira vantaxe de dúas décimas e respecto á cal baixan o PSOE, o PP e Sumar, fronte a Vox, que sobe 1,1 puntos en voto estimado. 

Si perde algo o BNG, que descende do 1 ao 0,8 por cento en estimación de voto.

O traballo de campo para esta sondaxe realizouse entre os días 30 de xuño e 5 de xullo, é dicir, antes do arranque da campaña electoral e, por tanto, do 'cara a cara' protagonizado o pasado luns entre o presidente do Goberno e candidato socialista, Pedro Sánchez, e o aspirante do PP á Moncloa, Alberto Núñez Feijóo.

Outras enquisas

Sigma Dos para El Mundo. Dálle ao Partido Popular unha vantaxe de 40 deputados sobre o PSOE. Uns 144 fronte a 104 dos socialistas. Está enquisa tamén recolle un empate entre Sumar e Vox, con entre 34 e 36 escanos. E dálle un deputado ao BNG. 

Vaticina un Goberno de maioría absoluta en coalicón PP e Vox.

GAD3 para ABC na súa estimación dálle ao PP 152 escanos, 42 por riba do PSOE, que obtería 110 representantes. Aquí dálle unha unha lixeira vantaxe de catro escanos a Vox sobre Sumar: quedarían con 31 e 27, respectivamente. Ao BNG a enquisa outórgalle un representante, mentres que quedarían 29 deputados para o resto de forzas políticas.

Con estes resultados, PP e Vox tamén terían a maioría absoluta que lles permitiría gobernar en coalición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade