PP e Vox lograrían a maioría absoluta nas xerais, segundo GAD3
PP e Vox lograrían a maioría absoluta nas xerais, segundo GAD3
O PSOE frearía a súa caída, segundo esta enquisa publicada no ABC, pero perdería once escanos
O Partido Popular, con 141 representantes, e Vox, con 41, superarían, de celebrárense hoxe as eleccións xerais, en seis escanos a maioría absoluta —176—, co que poderían formar Goberno. Así se desprende dunha enquisa de GAD3 que hoxe publica o diario ABC.
De acordo coa enquisa, o PP lograría o 34 por cento dos sufraxios e Vox o 14,2 %, fronte a un PSOE que co 26,6 dos votos obtería 109 deputados e a un Unidas Podemos que co 8,9 % conseguiría 19 representantes.
O PP continúa sendo o partido con maior intención de voto e, respecto aos pasados comicios, lograría 52 deputados máis, mentres que o PSOE, aínda que frea a súa caída, dos 120 que obtivo nas eleccións de novembro de 2019 hoxe tería once menos.
O partido de Santiago Abascal continuaría sendo a terceira forza política aínda que tería once representantes menos que en 2019, cando obtivo 52, mentres que Unidas Podemos ve minguada a súa representación nunha cantidade importante e de 35 pasaría a 19 escanos.
Ciudadanos desaparecería do arco parlamentario, mentres que o BNG conservaría o seu deputado.