Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Iglesias critica a "torpeza política" de Yolanda Díaz e en Sumar din "estar fartos das leccións e insultos" de Podemos

Pablo Iglesias critica a "torpeza política" de Yolanda Díaz e en Sumar din "estar fartos das leccións e insultos" de Podemos

O exlíder da formación morada cre que Sumar acabará desintegrándose

Irene Montero afea o papel de Sumar na coalición de Goberno e acusa a Sánchez de porlle unha "alfombra vermella" á dereita

A ministra de Sanidade responde que en Sumar están fartos "das leccións e dos insultos" de Montero e de Iglesias 

O exlíder de Podemos presentou este martes o seu libro. EFE.
G24.gal 08/04/2025 20:57 Última actualización 08/04/2025 21:16

Irene Montero presentou en Murcia a candidatura á nova dirección estatal de Podemos.
A eurodeputada culpou a Sánchez de "porlle a alfombra vermella" á dereita e afeoulle que só mande el no Goberno de coalición.

"Dá igual cando convoque as eleccións. Estalle abrindo a porta e poñendo unha alfombra vermella a un goberno das dereitas. Iso será responsabilidade, única e exclusivamente, de Pedro Sánchez", di Irene Montero.

Á pregunta de se estaba incluído Sumar. A eurodeputada de Podemos, respondía que "neste Goberno só manda Sánchez".

Tamén criticou a Sumar Pablo Iglesias. Para o exlíder de Podemos, que presenta libro, Yolanda Díaz está pagando as consecuencias, dixo, das "súa torpeza política".

"Yolanda tomou a decisión de prescindir de Podemos e dos seus principais dirixentes aos que lle debía boa parte da súa traxectoria política. Creo que aí non só foi inxusta e cruel, tamén foi torpe politicamente e que agora está pagando as consecuencias desa torpeza política", aseguraba Pablo Iglesias.

A ministra de Sanidade responde, di que en Sumar están fartos das leccións e dos insultos de Irene Montero e de Pablo Iglesias.

"Estamos un pouco fartos de recibir leccións e de ter que escoitar o señor Iglesias e a señora Montero dicirnos o que temos que facer ou o que temos que ser. Neste sentido, síntoo, desde Más Madrid imos seguir sendo unha forza progresista para empurrar un espazo que, por certos, eles deixaron feito cinzas", afirma Mónica García, ministra de Sanidade.

Iglesias replicoulle pedindo que respecte que Podemos, dixo, faga política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade