As Cortes Valencianas rexeitan pedir a dimisión de Mazón pola xestión da dina
O president da Generalitat responsabiliza o Goberno do ocorrido por non alertar, dixo, da gravidade da situación
.png)
O pleno das Cortes Valencianas rexeitou este xoves esixir a dimisión do presidente da Generalitat, Carlos Mazón, pola xestión da dina do 29 de outubro nunha votación secreta que, con todo, non deixou sorpresas.
A proposta presentada por Compromís contou con 52 votos en contra e 42 a favor, polo que foi rexeitada, tras unha votación na que estaba presente o presidente da Generalitat.
No pleno, no que o PSPV e Compromís esixiron de novo a súa dimisión, o presidente da Generalitat responsabilizou o Goberno central dos efectos devastadores que tivo a dina do pasado 29 de outubro en Valencia.
Mazón culpou a Aemet, a Confederación Hidrográfica do Júcar (CHX) e o propio Goberno central de non alertar da gravidade da situación, do estado dos barrancos e de non acometer obras ou establecido sistemas de alerta que poderían salvar vidas
A dina deixou 224 persoas mortas, 3 desaparecidas e miles de damnificadas na provincia de Valencia.