Publicador de contidos
Publicador de contidos

Melania Rodríguez é a principal favorita ao podio no Mundial de trampolín

Melania Rodríguez é a principal favorita ao podio no Mundial de trampolín

Do 18 ao 21 de novembro celébrase en Bakú o Mundial absoluto de ximnasia de trampolín

G24.gal 09/11/2021 15:58

Do 18 ao 21 de novembro celébrase en Bakú (Acerbaixán) o Campionato do Mundo absoluto de ximnasia de trampolín.

Catro ximnastas galegos participarán nesta competición: tres estréanse nun mundial absoluto mentres que Melania Rodríguez é a principal favorita ao podio como subcampioa do mundo en dobre minitramp. Os catro adestran no centro de tecnificación deportiva de Pontevedra, compartindo espazo con outros deportes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade