Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 800 deportistas participaron en Santiago no torneo Xacobeo de ximnasia rítmica

Máis de 800 deportistas participaron en Santiago no torneo Xacobeo de ximnasia rítmica

Tamén houbo unha gala de exhibición na que participou a alemá Darja Varfolomeev, medalla de ouro nos Xogos de París

G24.gal 17/11/2024 19:27 Última actualización 17/11/2024 20:08

Cos grupos de nivel base e coa competición masculina rematou, este domingo, en Santiago o torneo Xacobeo de ximnasia rítmica, no que participaron 800 ximnastas.

"Gústame moito que os ximnastas masculinos somos moi artísticos, dedicámonos moito nos exercicios, hai exercicios que teñen moita forza e creo que iso está xenial", asegura Martín Casal, do Club Viravolta Santiago.

Organizado polo club Viravolta, este torneo é o último antes do campionato de España que se vai celebrar en Zaragoza a próxima semana.

"Son moitos meses de traballo, moitas horas, moitas empresas e moitos voluntarios traballando para que esta fin de semana sexa algo único. Ter un evento así en Santiago, en Galicia, coas mellores ximnastas do mundo, é algo espectacular", explica Wendy Rey París, presidenta do club compostelán.

Porque á parte do torneo, o sábado celebrouse unha gala de exhibición na que participaron ximnastas da elite mundial. Entre elas, Darja Varfolomeev, a alemá que gañou a medalla de ouro no concurso individual nos xogos olímpicos de París.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade