Publicador de contidos
Publicador de contidos

Melania Rodríguez soña cos Xogos Olímpicos de París

Melania Rodríguez soña cos Xogos Olímpicos de París

A ximnasta pontevedresa acaba de conseguir a medalla de bronce na modalidade de dobre minitramp nos mundiais disputados en Bakú

Ademais foi sétima no Trampolín, en que espera poder conseguir a praza para a cita olímpica francesa

No 2022 buscará reeditar éxitos no Campionato de Europa do próximo mes de xuño

G24.gal 24/11/2021 21:01

A pontevedresa Melania Rodríguez xogou onte Ao contraataque. A ximnasta acaba de ser medalla de bronce na modalidade de dobre minitramp nos mundiais disputados en Bakú. Esta modalidade non é olímpica pero confía en estar nos Xogos Olímpicos de París na modalidade de trampolín, en que rematou na sétima posición neste mesmo mundial:

"O meu obxectivo é estar en París. A preparación para o trampolín é máis complexa. Eu adestro menos o dobre minitramp, que é máis explosivo. De momento, seguirei alternando ambas as modalidades. Sigo traballando en Galicia aínda que teña que ir de vez en cando ao CAR de Barcelona, xa que teñen mellores instalacións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade