Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jacobo Garrido queda quinto e bate o récord de España

Jacobo Garrido queda quinto e bate o récord de España

O galego quedou a 88 centésimas do podio e fíxose co seu segundo diploma olímpico

Durante gran parte da proba, o coruñés rozou a terceira posición

Jacobo Garrido. CPE Jacobo Garrido. CPE
G24.gal 29/08/2024 17:51

A primeira opción galega de medalla acabou en nada. Pero Jacobo Garrido estivo a piques de facelo. O nadador coruñés rozou a terceira posición en varios treitos dos 400 metros libres, pero rematou de quinto. Final moi apertada, co galego a 88 centésimas do podio.

Comezaba ben o galego, que nos primeiros 100 metros ía cuarto. O terceiro estaba moi preto e por momentos as posicións non estaban claras, pero íanse sumando novos nadadores, que apertaban para apurar as súas opcións.

Nos últimos 20 metros, o coruñés perdeu outro posto, e malia que apertou, non foi quen de adiantar postos. Só 88 centésimas separaron ao galego dunha medalla. Esta mesma tarde, nunhas horas, outro galego, Juan Ferrón, terá outra oportunidade na piscina parisiense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar