Miguel peta á porta de Benítez coa renovación ata o 2028
Miguel peta á porta de Benítez coa renovación ata o 2028
O atacante de Redondela foi o mellor no encontro ante o Compostela
Asinou nas últimas horas a súa renovación ata o ano 2028
Remata o Celta a pretempada con boas sensacións tras a vitoria no Vero Boquete ante o Compostela. O mellor do encontro foi Miguel Rodríguez. O canteirán foi un puñal constante dende a banda dereita xerando desborde e ocasións, incluíndo a asistencia no tanto de De la Torre.
O dianteiro de Redondela celebrou cun bo partido a súa renovación ata o ano 2028. Despois do tira puxa das últimas semanas, ao final o canteirán seguirá como celeste cinco temporadas máis.
Miguel é a gran perla da canteira celeste e rendeu a un gran nivel esta pretempada, chegando a anotar un gol no primeiro encontro ante o Al Nassr de Cristiano Ronaldo.
❝Levo aquí toda a vida e sinto que é a miña casa❞
— RC Celta (@RCCelta) August 9, 2023
🤩 E por moitos anos, @miguelrguezzv 🙌#MiguelRodríguez2028 pic.twitter.com/PafzmD2KdO