Cargando resultados...
Mingueza, expulsado ao final do encontro por chamarlle "chulo" ao árbitro
Perderá o partido do Alavés e a sanción de Competición podería ser máis dura
G24.gal
19/01/2025 16:51
Ao final do encontro Óscar Mingueza tivo unha conversa co árbitro do partido, Ortiz Arias. O colexiado sacoulle o cartón vermello directo e reflectiu na acta o incidente. Segundo o colexiado Mingueza díxolle: "Houbo catro faltas e non me pitaches ningunha. É incrible. Es un chulo".
A expulsión impediralle a Mingueza estar na vindeira xornada diante do Alavés, partido que se xogará o luns 27 de xaneiro e que poderemos ver na Televisión de Galicia.