Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mingueza xa exerce como xogador celeste

Mingueza xa exerce como xogador celeste

O defensa pasará o recoñecemento médico, asinará o contrato para quedar ás ordes de Coudet

G24.gal 02/08/2022 07:23

A última hora do luns aterraba en Vigo o voo que traía a Óscar Mingueza. O xa exxogador do Barcelona pasará nas vindeiras horas o recoñecemento médico, asinará o contrato e poderá poñerse ás ordes de Coudet. Terá dúas semanas para empaparse do libreto táctico do arxentino e quedar á súa disposición para xogar o primeiro partido do campionato. 

Con Mingueza a liña defensiva queda completada coa presenza de Kevin e Mallo no lateral dereito, Galán pola esquerda e Aidoo, Unai, Carlos e o propio Mingueza como centrais. O catalán é un xogador polivalente que pode adaptarse tamén ao lateral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos