O Celta afaise ás remontas
O Celta afaise ás remontas
Gran partido do Celta, cun estelar Aspas
Minuto a minuto
Ás 19:00 comeza en Balaídos a segunda xornada da LaLiga EA Sports. Enfróntanse o Celta, que vén dunha vitoria moi traballada contra o Alavés, e o Valencia, que sufriu unha remonta do Barcelona.
Aliñación do celta con 3 cambios. O canteirán Javi Rodríguez por Manquillo, Jailson por Starfelt e Swedberg por Bamba. Pese á alta de Guaita, Iván continúa no once.
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaValencia ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/2MmQ903t1B
— RC Celta (@RCCelta) August 23, 2024
O Valencia sae co mesmo once que contra o Barcelona
⚽ XI INICIAL 🆚 @RCCelta #CeltaValencia 🔵🦇#ADNVCF pic.twitter.com/GojJg40tSr
— Valencia CF (@valenciacf) August 23, 2024
O Celta non gaña os dous primeiros partidos de liga dende hai 9 anos, con Berizzo no banco
O último partido entre estes dous equipos foi na derradeira xornada da pasada liga. Non xogaban nada e o resultado foi de 2-2
Comeza o partido en Balaídos. O Celta busca celebrar os seus 101 anos cunha vitoria ante o Valencia que enchería de ilusión a afección celeste.
Chegada de Swedberg pola banda, que centra pero non atopa rematador
Desespérase Baraja na banda. O Valencia non atopa os camiños á portería do Celta que está empurrando o Valencia cunha boa presión.
Falta lateral moi perigosa para o Valencia, que despexa Iván Villar de puños
Gol do Valencia! Saque de esquina, lea na área, chilena de Rafa Mir e remata Diego López a gol
Gran chegada de Thierry Correia pola banda que culmina con parada de Iván. O Celta non encaixou ben o gol.
GOLAAAAAAAZO de Mingueza!!!!! Centro de Aspas e Mingueza fai unha grandísima volea contra a que non pode facer nada Mamardashvili
Xogadón de Swedberg que lle fai un traxe a Mosquera, pero o seu disparo vaise fóra por pouco. Está o partido precioso.
GOOOOOOOOOOOL, gol do de sempre, gol de Iago Aspas Juncal!!!! Condución de Mingueza, pase filtrado a Aspas e gran definición do dianteiro de Moaña
Cálmase o partido despois de dez minutos de ida e volta
Saque de curruncho para o Valencia, que despexa ben a defensa do Celta
Penalti para o Celta, que erra Aspas. Tira á esquerda do porteiro, Mamardashvili adiviña o lado e bloquea o balón
Descanso en Balaídos. Celta 2-1 Valencia, Mingueza 23'. Aspas 28'/ Diego López 14'
Cambio ao descanso. Entra Sergio Carreira por Mingueza
Fea entrada de Correia. Douvikas dóese no chan
Gran disparo de Swedberg dende a frontal e paradón de Mamardashvili!
Cesión comprometida de Jesús Vázquez a Mamardashvili e case mete en propia meta
GOOOOOOOOOOOOOOOOL do Celta, Fran Beltrán!!!! Saque de esquina a favor do Celta, o Valencia despexa como pode, chégalle o balón a Fran Beltrán e mete un dos goles non só da xornada, do campionato
Cambio no Valencia. Entra Luis Rioja (que xogou a semana pasada co Alavés en Balaidos) e sae do campo Javi Guerra
Dobre cambio no Celta. Entran Borja Iglesias por Douvikas, e Bamba por Swedberg.
O Celta tenta controlar o balón, pero os dous equipos cando poden correr, fano, e moi ben
Córner para o Valencia. Empuxa agora o equipo de Baraja.
Triplo cambio do Valencia. Saen Diego López, Correia e Hugo Duro, entran Dani Gómez, Foulquier e Martín Tejón
Ao pau Rafa Mir. Grande ocasión do Valencia para meterse no partido. O córner sacado polo Valencia foi despexado.
Último cambio. Entra Pablo Durán polo mellor xogador do partido, Iago Aspas
Final do encontro. Gran partido do Celta, un equipo ao que se lle da moi ben remontar. Os goles foron de Diego López por parte do Valencia, e do Celta anotaron Mingueza, Aspas e Fran Beltrán.