O límite salarial do Celta baixa aos 77,5 millóns e sobe da décima á novena praza
O límite salarial do Celta baixa aos 77,5 millóns e sobe da décima á novena praza
O Deportivo conta con 13,4 millóns de euros de límite e o Rácing de 7,5 millóns
O club vigués sobe da décima á novena praza entre os equipos de Primeira. A liga deu a coñecer este xoves os datos de límite salarial dos clubs de Primeira e Segunda División.
No caso do Celta, a cifra unha vez pechada a xanela estival é de 77,57, o que o coloca no noveno posto entre os conxuntos da súa categoría. A cifra hai un ano era de 79,8, mentres que o pasado inverno incrementouse ata os 81,1, rompendo por primeira vez o teito dos 80. Viña, así, de dous récords consecutivos tras os que agora sofre unha diminución.
O Deportivo conta con 13,451 millóns de euros de límite de custo de persoal deportivo. As cifras presentadas conclúen que só o Cádiz, que conta con 18,844 millóns de euros, e o Elxe, con 14,992 millóns, están por riba.
Con todo, hai outros catro equipos que superaron o teito marcado polos responsables da competición: o Almería, o Huesca, o Levante e o Granada.
Ademais, o Deportivo matiza que no seu tope salarial inclúense o equipo feminino, que no seu caso milita na liga F, e o filial, da Segunda Federación.
Pola súa banda, o outro equipo galego da categoría, o Rácing, conta cun tope salarial de 7,53 millóns, é o 13ª da categoría