Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claudio Giráldez pacta co Levante un calendario de pagos para aboar a indemnización

Claudio Giráldez pacta co Levante un calendario de pagos para aboar a indemnización

 Segundo SER Valencia, o técnico do Celta compensará o club granota con medio millón de euros para liberarse do acordo adquirido con Felipe Miñambres

G24.gal 11/09/2024 16:59 Última actualización 11/09/2024 17:18

Felipe Miñambres chegou a un acordo con Claudio Giráldez cando dirixía por segunda tempada á Celta Fortuna e non tiña no seu horizonte a posibilidade de seguir a súa progresión no banco de Balaidos pola presenza de Rafa Benítez cun contrato por tres tempadas.

O coñecemento do responsable deportivo do Levante sobre o traballo de Giráldez na canteira do Celta e o desexo Giráldez por garantir a dirección da escuadra granota en Segunda ou mesmo en Primeira división fíxolle tomar a decisión de comprometerse formalmente por dúas tempadas.

Ese compromiso adquirido polas partes só se podería romper aboando dous millóns de euros que figuraban na súa cláusula de rescisión, pero Giráldez quixo deixar unha porta aberta por se o Celta lle ofrecía a oportunidade de converterse no seu primeiro adestrador e só neste caso a cantidade coa que tería que indemnizar o Levante se reduciría a medio millón de euros.

En maio, Giráldez falaba sobre este asunto.

“Cres que teño dous dedos de fronte ou non? Podo ter 6 contratos asinados? Estou onde quero estar"

"Non podo entrar a avaliar todos os comentarios que saen sobre min nos medios. Estou tranquilo e o club tamén”

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade