Publicador de contidos
Publicador de contidos

A exconcelleira socialista de Cangas que deu positivo en alcol acepta 8 meses sen carné

A exconcelleira socialista de Cangas que deu positivo en alcol acepta 8 meses sen carné

Malvido aboará 720 euros de multa

G24.gal 17/09/2024 15:17

A exconcelleira socialista de Cangas (Pontevedra) Iria Malvido aceptou 8 meses sen carné de conducir tras dar positivo en alcolemia.

Nunha vista de conformidade no Xulgado de Instrución 3 de Cangas, a extenente de alcalde chegou a un acordo para ser condenada como autora dun delito contra a seguridade viaria do artigo 379.2.

Malvido aboará 720 euros de multa e será privada do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores durante oito meses.

A finais de agosto deu positivo nun control de alcoholemia da Policía local mentres ía ao volante nas Festas do Cristo.

Tras verse involucrada nesa situación, Malvido, que levaba as áreas de Obras, Servizos e Mobilidade no Goberno de coalición co BNG e Esquerda Unida, pediu desculpas polo seu erro de poñerse ao volante tras consumir bebidas alcohólicas e posteriormente renunciou á súa acta de concelleira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade