Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre aos 53 anos Ramón Seijas, vicepresidente do Grupo Rumbao, tras sufrir un infarto

Morre aos 53 anos Ramón Seijas, vicepresidente do Grupo Rumbao, tras sufrir un infarto

O empresario ourensán morreu esta madruga tras ser ingresado cun infarto no centro médico El Carmen

O equipo médico que o atendeu de madrugada non logrou reanimalo

 

Ramón Seijas en una imagen de archivo de TVG Ramón Seijas en una imagen de archivo de TVG
G24.gal 20/04/2025 17:13 Última actualización 20/04/2025 20:02

O empresario ourensán Ramón Seijas, vicepresidente do grupo Rumbao, empresa de comercialización de vehículos, e presidente da asociación de concesionarios de automóbiles ACAUTO, faleceu esta madrugada aos seus 53 anos tras sufrir un infarto.

Seijas ingresara na noite deste sábado no centro médico de El Carmen tras sufrir un infarto pero os facultativos non lograron reanimalo.

O empresario estaba vinculado a esa empresa familiar fundada en 1922, referente na distribución de vehículos en Galicia e o noroeste de España.

A Deputación de Ourense transmitiu o seu "máis profundo pésame" á familia e amigos do empresario e a Zona Franca de Vigo e o PP de Ourense expresaron en redes sociais as súas condolencias. EFE

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade