Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán acada a 12ª vitoria da temporada diante do Zaragoza (90-85)

O Breogán acada a 12ª vitoria da temporada diante do Zaragoza (90-85)

O equipo lugués asegura a permanencia e pode pensar en metas maiores

Foto: EFE
G24.gal 20/04/2025 19:51

O baloncesto no Pazo é outro deporte. Ten uns condionantes ambientais únicos que permiten que pasen cousas incribles. Quen máis e quen menos xa comezaba a asumir a derrota cando o Zaragoza obtivo oito puntos de vantaxe con menos de tres minutos por xogarse. Poucos optimistas agardaban que daquela rspondería o Breogán cun parcial de 14-0 en dous minutos xustos que lle darian o triunfo.

E quen gardaría que a canastra que quede retine deste partido sexa unha afastadísima tripla de Dae Dae Grant, que lle daba aos lucenses catro puntos de renda. O seu atrevemento, a súa ousadía exemplifican o carácter do equipo de Luis Casimiro.

Grant anotou 20 puntos, e xunto a Nakic e os incansables Kurucs e Edin Atic, foron os líderes da revolta breoganista diante dun Zaragoza liderado por dous ex. Bell- Haynes, 22 puntos, e Sulejmanovic castigaron a un Breogán que liderou e magou a fixia en varios ocasións e que estivo contra as cordas nese referido final.

A décimosegunda vitoria, a que soa garantir a permanencia, está no peto. Con seis partidos por diante só queda gozar coas emocións que transmite este equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade