Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mouriz asume a súa responsabilidade pola mala situación do equipo

Mouriz asume a súa responsabilidade pola mala situación do equipo

En relación aos xogadores, instounos a "falar menos e traballar máis"

G24.gal 02/10/2024 14:56 Última actualización 02/10/2024 15:03

O director xeral do Racing de Ferrol, Carlos Mouriz, admitiu este mércores que o equipo verde está a "facelo moi mal", ao non conseguir ningunha vitoria nas sete primeiras xornadas de Segunda División, pero descartou cambios a curto prazo na configuración de corpo técnico e persoal.

Nunha conferencia de prensa convocada para analizar o mal arranque ligueiro do conxunto, o directivo subliñou que a situación é "preocupante" e destacou que xogadores e adestradores foron escollidos por el, polo que considerou que é "o maior responsable" da situación.

Aludiu a unha conxuntura "complicada" e sinalou que poder "mover algunha peza" non será "posible ata decembro", cando se abra o mercado invernal de fichaxes, polo que apuntou que se competirá "cos 26 que temos polo menos ata decembro".

Mouriz incidiu en que ten a "mesma confianza" que en anos anteriores no corpo técnico liderado por Cristóbal Parralo e recoñeceu que non se está "dando boa imaxe", polo que apelou a intensificar o "traballo" e o "sacrificio", xa con vistas ao duelo do sábado na Malata contra o Elxe C. F.

En relación aos xogadores, instou a "falar menos e traballar máis", mentres que, en referencia a Parralo, considerou que o que está "a dicir non chega" para que os futbolistas rendan ao seu máximo nivel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar