Mouriz fala do traspaso de Losada ao Betis: "Mandei a factura e pagaron ao momento"
Mouriz fala do traspaso de Losada ao Betis: "Mandei a factura e pagaron ao momento"
Tamén se referiu á relación de respecto que ten con Fernando Soriano do Deportivo: "Nunca tocará un xogador noso sen dicirmo antes"
Explicou Carlos Mouriz a excelente relación do Rácing co Betis tras o traspaso de Iker Losada. O Betis paga un millon oitocentos mil euros en tres pagos. E un traspaso aínda que ese era o importe da súa cláusula. A boa relación entre as dúas entidades fixo que se acordase unha venda pola mesma cantidade da cláusula. O pagamento farase en tres prazos porque lles convén ás dúas entidades para incluír no seu balance de contas.
Tamén se referiu o director xeral do Rácing á relación de amizade e respecto que ten con Fernando Soriano, o seu colega do Deportivo. "Poño a man no lume por el. Nunca tocará un xogador noso sen dicirmo antes" comentou Mouriz cando foi interrogado polos casos de Álvaro Giménez ou Ánder Cantero.