MyBrain-Seq, un software libre para estudar as enfermidades neuropsiquiátricas
MyBrain-Seq, un software libre para estudar as enfermidades neuropsiquiátricas
Diagnosticar enfermidades mentais usando simplemente os síntomas non é nada doado.
Agora a tecnoloxía pode reverter esta situación da man dun software libre creado por membros do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e da Universidade de Vigo, que permitirá acurtar o tempo de diagnóstico e mellorar o tratamento dos pacientes.
Este programa axuda a detectar biomarcadores xenéticos nestes pacientes coa axuda da tecnoloxía.
A inexistencia de biomarcadores para entender mellor as enfermidade neuropsiquiátricas é un dos problemas principais aos que se enfrontan os profesionais sanitarios, que dependen da sintomatoloxía dos pacientes para poder chegar a un diagnóstico.
Agora un software libre, MyBrain-Seq, creado por varios investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, permite analizar datos xenéticos dos microARN.
É decir, moléculas que mediante o seu estudo e detección nestes pacientes poidan servir para, pois concluír, por exemplo: "este paciente presenta depresión porque presenta estes dous micro ARN".
Así o explica Daniel Pérez, un dos artífices deste proxecto, que forma parte do seu doutoramento, dirixido por Roberto Agís e Hugo López. Grazas a este programa, os investigadores poderán saber que cambios epixenéticos ocorren nos pacientes, identificalos e saber que mecanismos alteran o seu corpo durante a enfermidade.
Pois, por exemplo, entre un grupo de pacientes que teñen depresión e un grupo de persoas que non a presentan, encontrar eses micro ARN que marcan a diferenza e que poderían ser potencialmente biomarcadores.
Para que se fagan unha idea, unha persoa con esquizofrenia tarda máis de dous anos en obter un diagnóstico, e o acceso a un tratamento eficaz pode levar máis tempo. O mesmo sucede con outras moitas enfermidades mentais. A través deste programa os tempos de espera redúcense e podemos chegar a tratamentos máis eficaces. Porque detrás dunha enfermidade mental está a xenética pero tamén o ambiente.
É certo, que a súa gran complexidade véne da carga ambiental. É dicir, de como o noso xenotipo, os nosos xenes interactúan co ambiente con cambios no ambiente.
Como respondemos a eses cambios é un dos motivos que nos levan a desenvolver moitas enfermidades. En España, máis de medio millón de persoas padecen desordes mentais e neurolóxicas.