Cargando resultados...
Neymar e Messi, apupados polo seu público no Parque dos Príncipes
Neymar e Messi, apupados polo seu público no Parque dos Príncipes
G24.gal
13/03/2022 15:05
O PSG volveu a xogar como local logo da eliminación da Champions e o público tomouna coas súas dúas estrelas. Neymar e Messi recibiron apupos durante os noventa minutos e os seareiros tamén cargaron contra o corpo técnico e a directiva, con Leonardo e Al Khelaifi á fronte.
O partido resolveuno dun xeito claro diante do pechacancelas Burdeos. Mbappé, o máis aplaudido, marcou o primeiro gol. Na segunda parte anotaron Neymar e Paredes.