Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova decepción do Deportivo, cun empate en Majadahonda

Nova decepción do Deportivo, cun empate en Majadahonda

Tivo moitas ocasións no segundo tempo, pero non deu marcado ningún gol (0-0)

G24.gal 09/10/2022 19:47

O Deportivo volveu amosar os problemas cara á porta contraria e empatou sen goles ante un Raio Majadahonda que só sumara un punto nas primeiras seis xornadas.

Preocupante foi a imaxe do equipo no primeiro tempo, en que apenas xerou oportunidades. De feito, a mellor ocasión estivo nas botas de David Rodríguez e salvouna o debutante Edu Sousa. 

Na segunda parte si se viu un Deportivo ambicioso. Meteu na súa área o rival e comezou a xerar ocasións. Zalazar atopou o pau, Soriano quedou ás portas do gol e a entrada de Yeremay deulle outro pulo á dianteira. O canario tamén tivo a súa, moi clara, e para pechar a serie de ocasións no engadido Gorka Santamaría cabeceou lixeiramente desviado. 

O Deportivo leva só unha vitoria nos últimos cinco partidos, fronte ao pechacancelas Talavera, e ve como os equipos da zona alta comezan a afastarse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade