Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Al Shabab será o rival do Celta no Memorial Quinocho

O Al Shabab será o rival do Celta no Memorial Quinocho

O partido xogarase o sábado, 6 de agosto, ás 20:00 horas e servirá como presentación do equipo diante da afección

G24.gal 01/08/2022 15:45

O Celta confirmou o que vai ser rival no Memorial Quinocho. Enfrontarase ao Al Shabab de Arabia Saudí, equipo que está de xira por España e que se enfrontou onte mesmo ao Zaragoza. No Al Shabab xoga un vello coñecido da afección española como Éver Banega. 

O partido servirá como presentación do cadro vigués diante dos seus afeccionados e como a última proba antes do inminente comezo do campionato ligueiro. Tamén poderían debutar as últimas incorporacións como poden ser os casos de Mingueza ou Marchesín. Máis difícil será que xogue Carles Pérez porque é a operación máis complicada e non puido xogar os últimos amigables coa Roma por unha lesión.

O Celta leva tres partidos esta pretemporada. Dous na xira americana e un diante do Spórting de Braga nos que aínda non acadou o triunfo e só puido marcar Iago Aspas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos