O Arenteiro non foi capaz de igualar o golazo de Ferni (1-0)
O Arenteiro non foi capaz de igualar o golazo de Ferni (1-0)
Os de Javi Rey fallaron claras ocasións o que lle impedíu conseguir algún punto
Viaxaba o Arenteiro a Logroño para enfrontar a S. D. Logroñés. Unha vitoria significaría achegarse aos postos de promoción. Non foi así. O partido foi igualado desde o comezo e con achegamentos para os dous equipos. Inda así, ningún tivo unha clara ocasión. A primeira anótaselle a Pibe. O extremo do Arenteiro probou sorte co seu gran golpeo. Pegoulle unha falta desde a súa casa e doulle ao pau. Era un golazo. Pero para golazo o de Ferni. Non foi contundente a zaga ourensá e quedou o balón morto na área. Ferni, no minuto 39, sacou un remate da chisteira, una semichilena, e Diego García non foi quen de sacala.
Na segunda parte o Arenteiro buscou o emapte. E puido telo, ocasións non faltaron. Ningunha tan clara como a primeira. Controlou e gambeteou Pibe no balcón da área pequena. Cedeu a Cardero, que estaba só no segundo pau. Con todo a favor, o xogador astuariano, mandou o balón alto tras que lle botase no momento do impacto. Despois o protagonista foi Manin. Aproveitou un balón ao espazo e disparou cruzado pero topou coas luvas de Oriol. Tamén perdoou o equipo local. Tras unha boa xogada o balón chegoulle a Salcedo no balcón do área pequena. Pasoulle o mesmo que Cardero. Mandouna arriba con todo a favor. Pouco despois chegou outra dos ourensáns. Esta vez foi Iván Ramos, recen ingresado no campo. Pinchou, un control espectacular, na frontal da área. Desde alí cargou o disparo que marchou preto do poste. Nos minutos finais, os de Javi Rey non foron capaces de chegar a porta rival. Acabaron con Diego García poñendo centros en campo contrario. Chocaban, impotentes, co muro defensivo local.
Escapáronlle a vitoria e os puntos aos ourensáns. Quedan 7º con 36 puntos, xa a 5 dos postos de play-off.