O Arenteiro volve facerse forte en Espiñedo (3-0)
O Arenteiro volve facerse forte en Espiñedo (3-0)
Os de Raúl Jardiel poñen fin a unha xeira de cinco partidos sen gañar grazas ao triunfo sobre o Real Unión
O equipo entra en postos de "playoff" polo ascenso con esta vitoria
O Arenteiro gañou con claridade ao Real Unión nunha vitoria que puido ser aínda máis abultada. Os ourensáns tiveron a iniciativa e o dominio en todo momento e adiantáronse xa aos dez minutos de encontro, cunha impecable volea de David Ferreiro coa perna mala despois dun centro de Martín Solar. O segundo fariao Pascu no minuto 31, convertíndose en asistente o propio David Ferreiro. Con este resultado marcharía o encontro ao descanso, marcado pola enorme comodidade dos galegos.
Na segunda metade, o Arenteiro gozou de boas ocasións nos primeiros dez minutos e sería no minuto 59 cando Berardozzi sentenciaría o partido anotando o terceiro para os locais. O equipo ourensán, con estes tres puntos, adéntrase en postos de "playoff" polo ascenso e rompe unha xeira de cinco partidos sen gañar.