Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro perdoa e acaba perdendo en Irún por un penalti (1-0)

O Arenteiro perdoa e acaba perdendo en Irún por un penalti (1-0)

O equipo de Raúl Jardiel gozou de máis oportunidades e mandou un remate contra o poste xusto antes do gol 

O central do equipo galego Yac Diory foi expulsado no segundo tempo

G24.gal 09/03/2025 14:10

O Arenteiro caeu no Estadium Gal de Irún por 1-0 cun solitario gol de Quique Rivero de penalti. O equipo de Raúl Jardiel gozou das mellores oportunidades e mereceu un mellor resultado. Na primeira parte Baselga e Enol tiveron o tanto para o Arenteiro. O Real Unión pediu un penalti por derrubo na área de Iano Simao. 

O segundo tempo comezou do mesmo xeito, cun tiro de Baselga que se estrelou contra o poste. Na seguinte xogada Iano volvía a derrubar a un rival pero o colexiado desta volta si asubiou a pena máxima. Rivero axustou o lanzamento ao poste e marcou o único gol. Tocoulle ao Arenteiro levar a iniciativa pero a expulsión de Yac Diory con media hora por diante deixou as opcións moi minguadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar