Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro vence no Johan Cruyff (2-3) e métese na promoción de ascenso

O Arenteiro vence no Johan Cruyff (2-3) e métese na promoción de ascenso

Os de Raúl Jardiel foron quen de adiantarse ata en tres ocasións

Foto: @FCBarcelonaB
G24.gal 23/02/2025 14:06

O Arenteiro non afrouxa. Nun dos seus habituais intercambios de golpes, saíu victorioso do Johan Cruyff nun encontro en que se adianbtou ata en tres ocasións, e repúxose dos rápidos empates do filial para acabar sumando tres puntos vitais.

O partido xa comezou co Arenteiro amosando a súa valentía habitual. O cadro galego creou as primeiras ocasións, primeiro cun remate lonxano de David Ferreiro que parou Yaakobishvili, e despois nunha caída de Jordan que o árbitro non xulgou como penalti.

O monólogo galego da primeira metade continuou con ocasións para David Ferreiro, Pascu, Martín Solar e Baselga. Pero non tiveron éxito ata o minuto 34, cando unha boa combinación aproveitouna Tarsi na liña de fondo para asistir a Pascu que, entrando desde atrás, abría o marcador.

Sen embargo, o filial so tardou tres minutos en empatar. Foi nun lanzamento de falta de Dacosta que sacou Diego contra o pau. O rexeitamento aproveitouno para marcar Sergi Domínguez.

Tras o descanso, o Arenteiro volveuse facer coa manixa do partido. Na primeira aproximación, Baselga volvía evidenciar o seu idilio co gol, adiantando outra vez aos galegos.

E, outra vez, empatou o filial cinco minutos despois. Foi nun envío de Toni desde a dereita que cabeceou Godoy á rede.

Este empate a dous acusárono os ourensáns, e o Barça Atlétic tivo algunha boa ocasión para culminar a remontada. Tamén saía con perigo o Arenteiro, cun par de contras que puideron tamén acabar en gol.

O partido podía caer para calquera bando, e foi do galego. Unha gran xogada de Cuéllar desde a esquerda rematou cun disparo a porta. O rexeitamento aproveitouno Pascu e anotou o 2-3 que xa sería definitivo. O Arenteiro colócase en postos de promoción de ascenso á Segunda División.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade